Wikipedia:Glosario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido á Wikipedia!

Contidos de axuda: Referencia rápida · Preguntas máis frecuentes · Glosario · Pide axuda · Guía

O obxectivo deste glosario é facilitar o acceso a unha definición dos principais termos máis comunmente empregados na Wikipedia que poidan non entender algúns lectores.

Índice: A B C D E F G H I J K L M N Ñ O P Q R S T U V W X Y Z

A[editar | editar a fonte]

Nome co que se denomina a certos colaboradores da Wikipedia que teñen unha serie de responsabilidades e funcionalidades técnicas adicionais, como o borrado e protección de páxinas e o bloqueo de usuarios.
  • artigo
Unha entrada da enciclopedia. Todos os artigos son páxinas, pero tamén hai páxina que non son artigos, como esta mesma, que é de axuda.
Un artigo que foi elixido en votación para mostrar na Portada durante un tempo por ter calidade abonda na súa redacción.

B[editar | editar a fonte]

Programa informático que realiza traballos de mantemento do wiki, de xeito automatizados, que serían moi tediosos e laboriosos para unha persoa.

C[editar | editar a fonte]

Páxina especial onde se mostran os últimos cambios realizados na Wikipedia. Serve para ollar o que outros usuarios fixeron, estar ao eito do que acontece no wiki e controlar que non se inclúan vandalismos nos artigos.
Unha agrupación de páxinas por tema. As etiquetas aparecen ao final da páxina nun recadro, e son da forma "Categoría:Galicia", onde a parte tras os ":" é o nome da categoría. A raíz da que colgan o resto das categorías chámase Categoría:Índice.
Proxecto irmán da Galipedia pertencente á Fundación Wikimedia; trátase dun repositorio cunha manchea de imaxes e arquivos sonoros que se poden empregar en todos os wikis da Wikimedia.
Situación que se produce cando dúas ou máis persoas tratan de editar unha páxina ao mesmo tempo.
Páxina reservada para falar sobre os contidos do artigo asociado.
  • copyvio
É a abreviatura de violación dos dereitos de autor (copyright violation, en inglés). Fálase del cando un usuario infrinxiu as normas sobre os dereitos de autor que prohiben copiar materiais protexidos pola lei.

D[editar | editar a fonte]

Neste apartado encóntranse aqueles traballos que están completamente libres de dereitos de autor.

E[editar | editar a fonte]

É un xeito de clasificar as páxinas nos wikis que usan o programa MediaWiki. A Wikipedia ten 20 espazos de nomes, cada un cun prefixo distinto: o principal para albergar os artigos da enciclopedia, as páxinas sobre a Wikipedia, as de usuario, as especiais, as dos modelos, cada un con cadansúa conversas asociada.

G[editar | editar a fonte]

Proxecto irmán da Galipedia pertencente á Fundación Wikimedia; unha colección virtual de frases famosas.
Proxecto irmán da Galipedia pertencente á Fundación Wikimedia; é un repositorio de textos orixinais que están no dominio público.
Proxecto irmán da Galipedia pertencente á Fundación Wikimedia; o seu obxectivo é a xeración de libros de texto e outros manuais con fins pedagóxicos de licenza libre.
Proxecto irmán da Galipedia pertencente á Fundación Wikimedia; trátase dun dicionario wiki en galego.
  • GFDL ou licenza de documentación libre de GNU
Licenza libre baixo a que se publican os contidos da Wikipedia. Esta licenza permite reproducir, modificar e comercializar estes contidos sempre que se mencionen os seus autores e a súa procedencia.

H[editar | editar a fonte]

Rexistro onde queda reflectida unha lista con todas as versións pasadas dunha páxina, desde a súa creación ata o seu estado actual. Achega ligazóns ao conxunto de edicións e ás páxinas de usuario dos seus distintos editores.
Aquela páxina desde onde se dá saída a varias páxinas coa mesma escrita ou denominación, e que polo tanto son susceptibles de seren procuradas mediante un mesmo termo. Cando haxa un significado predominante, entón a páxina de homónimos chamarase da forma "termo (homónimos)".

I[editar | editar a fonte]

Unha ligazón cara a outro proxectos da Wikimedia, como ao artigo correspondente nunha Wikipedia noutra lingua. Atópase no lado esquerdo baixo o título "outras linguas".

L[editar | editar a fonte]

  • ligazón azul ou ligazón en azul
Unha ligazón interna cara a unha páxina que xa existe. Recibe este nome porque aparece coloreada en azul (ou en violeta se foi visitada recentemente polo lector).
Unha ligazón cara a unha páxina web non pertencente á Fundación Wikimedia.
  • ligazón rota, ligazón vermella ou ligazón en vermello
Unha ligazón interna cara a unha páxina que aínda non existe. Recibe este nome porque aparece coloreada en vermello.
  • lista de vixilancia
Páxina especial onde aparecen as últimas modificacións nos artigos que o usuario está vixiando.

M[editar | editar a fonte]

Programa wiki co que funciona a Wikipedia e os outros proxectos irmáns, así como tamén outros non relacionados con ela.
Proxecto multilingüe onde se coordinan todas as conversas sobre asuntos que afectan á Fundación Wikimedia en xeral.
Son un conxunto de caixas de varios tipos segundo o seu uso: existen uns cadros que conteñen mensaxes de aviso sobre a páxina e outros que achegan información resumida sobre o artigo na marxe dereita.

P[editar | editar a fonte]

Páxina persoal que posúe cada usuario rexistrado. Nela poden facer unha presentación de si mesmo ou incluír ligazóns de traballo, por exemplo.
Son artigos que aínda non teñen ligazóns cara a ningún outro artigo do wiki.
Son artigos que aínda non teñen ligazóns que apunten cara a eles desde outros artigos do wiki.
  • páxina protexida
Isto indica que, agás os administradores ou nalgúns casos os usuarios autoconfirmados, ninguén pode editar a páxina. O máis habitual é que estea protexida para evitar conflitos de edición.
Páxina que serve de entrada á Wikipedia. Nela recóllense os artigos destacados, as efemérides, a imaxe da semana, un índice de categorías así como ligazóns ao resto de proxectos irmás e a versións da Wikipedia noutras linguas.
Unha das principais páxinas do proxecto da Wikipedia. Pódese atopar unha ligazón cara a el na barra lateral esquerda e trátase dunha páxina onde hai diversas actividades e propostas, amais de novas do wiki, que están pendentes de facer ou ás que cómpre botar unha ollada de cando en vez.
Un dos principios máis básicos da Wikipedia que, basicamente, di que todo o que nela se escriba debe ser obxectivo e imparcial.

R[editar | editar a fonte]

Unha páxina que envía o usuario a outra páxina mediante unha ligazón automática. Emprégase cando unha palabra ten varios sinónimos ou un concepto pode levar varios títulos, de xeito que as ligazóns leven ata o título elixido.

T[editar | editar a fonte]

O lugar onde se levan a cabo as conversas principais sobre a Galipedia. Está dividida en diferentes seccións, segundo o tema a tratar.
Conxunto de funcionalidades que, unha vez activadas nas preferencias de usuario, engaden opcións adicionais á interface habitual da Wikipedia.

U[editar | editar a fonte]

  • usuario, wikipedista ou galipedista
Un editor que se rexistrou creando unha conta no wiki.

V[editar | editar a fonte]

Usuario, normalmente anónimo, que edita unha páxina co propósito de destruír os seus contidos, incluír lixo e/ou información falsa co obxectivo de estragar a Wikipedia.

W[editar | editar a fonte]

Páxina web na que calquera usuario pode xerar e modificar os contidos facilmente mediante un sinxelo formulario de edición. A Wikipedia e os demais proxectos da Fundación Wikimedia son wikis.
  • wikificar ou dar formato wiki
Aquelar os contidos en base a unhas normas elementais, engadindo ligazóns internas, dividindo o texto en seccións e outras cousas.
Conferencia internacional anual que realiza a Fundación Wikimedia.
  • Wikimedia ou Fundación Wikimedia
Nome da organización sen fins lucrativos á que pertencen a Wikipedia e o resto dos seus proxectos irmáns.
Enciclopedia libre e aberta pertencente á Fundación Wikimedia; todos os seus contidos pódense copiar, modificar e distribuír.
Páxina do proxecto desde onde se coordinan varios usuarios para traballar nun asunto específico na Wikipedia.
Proxecto irmán da Galipedia pertencente á Fundación Wikimedia; céntrase na recolección da taxonomía de todas as especies coñecidas.
Índice: A B C D E F G H I J K L M N Ñ O P Q R S T U V W X Y Z