Wikipedia:Artigo destacado/Propostas/Montserrat Caballé
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Montserrat Caballé[editar a fonte]
- Proposto por: . HombreDHojalata.conversa 09:19, 17 de decembro de 2011 (UTC)
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: O tema da ópera é inédito na portada e de interese internacional (véxanse as ligazóns interlingüísticas). O artigo é de redacción propia da Galipedia e non desmerece fronte os mellores das outras linguas --. HombreDHojalata.conversa 09:19, 17 de decembro de 2011 (UTC)
- A favor
- Concordo. --Atobar (conversa comigo) 10:44, 17 de decembro de 2011 (UTC)
- Concordo, participei tímidamente, polo que considero podo votar. --Piquitoconversa 14:04, 17 de decembro do 2011
- Concordo --Elvira (fálame) 11:37, 23 de decembro de 2011 (UTC)
- Concordo --Estevo(aei)pa o que queiras... 08:41, 27 de decembro de 2011 (UTC)
- Concordo --Alfonso mande 11:28, 1 de xaneiro de 2012 (UTC)
- En contra
- Neutros
- Neutro, por ser eu un dos redactores do artigo. Atrévome a propoñelo á comunidade por estarmos na segunda quincena e termos que sacar, o día 1, ese escaparate da Galipedia que chamamos portada--. HombreDHojalata.conversa 09:19, 17 de decembro de 2011 (UTC)
- Comentarios
Eu penso que non só non desmerece fronte aos outros, penso que é o mellor. Coido que habería que ir completando as ligazóns vermellas, onte comecei a crear artigos de óperas sen saber que se ía propoñer, agora tentarei ir completando as que aparecen no artigo, pido axuda porque o tema da música académica está moi pobre (así como no rock hai un grupo de usuarios que traballan e crean artigos bos, neste campo non o hai), eu traballo o que podo nel, mais é un traballo enorme para min só e non quero limitar a miña aportación a temas de música, onde por certo artigos ben importantes teñen unha extensión insignificante (véxase Mozart e Beethoven por poñer un exemplo), eu creo con mínimos porque non o fai ninguén máis, con algún outro usuario se poderían ir ampliando os artigos de compositores, óperas, orquestras, etc. Un saúdo, Piquitoconversa 14:04, 17 de decembro do 2011
- Opino que debería ir para a portada xa. Non temos outras proposta con 4 votos e esta ten un neutro que en realidade ben podería valer como positivo. Coido que o conveniente é encher o oco deste mes con esta bo artigo. --Atobar (conversa comigo) 11:29, 1 de xaneiro de 2012 (UTC)
- 1 minuto despois de dicilo, xa ten cinco (voto de Alfonso). --Atobar (conversa comigo) 11:29, 1 de xaneiro de 2012 (UTC)