Illas Hoorn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illas Hoorn
Illas Hoorn (Futuna e Alofi) coa illa de Futuna no noroeste

As Illas Hoorn (tamén Illas Futuna) están situadas nas coordenadas 14°17′S 178°09′O / -14.283, -178.150, e pertencen a comunidade de Wallis e Futuna onde están xeograficamente integradas. A área total é de 115 km ², e a poboación e de 4.873 habitantes (censo de 2003).

Xeograficamente, hai dúas illas:

  • Futuna, no noroeste con 83 km², e unha poboación 4.871 habitantes
  • Alofi, no sueste con 32 km² e deshabitada

Administrativamente, as illas Hoorn abarcan dúas das tres xefaturas reais de Wallis e Futuna:

  • Tu`a (Alo): parte oriental da illa de Futuna, e a illa Alofi (área 85 km², poboación 2.993 hab.)
  • Sigave (Singave): terzo occidental da illa de Futuna (zona de 30 km², poboación 1.880 hab.)