Wallis, Wallis e Futuna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wallis, Wallis e Futuna
Vista da illa
WF -Wallis.png
Datos
Capital Mata Utu
País Francia
Localización Océano Pacífico
Arquipélago
Linguas
Poboación (2008) 9.731 hab.
Superficie 96 km²
Densidade
Coordenadas 13°10′S 176°08′W / 13.167°S 176.133°W / -13.167; -176.133
Maior Altura 151 m. Monte Loka
Localización
Localización

A Illa Wallis está situado na Polinesia no Océano Pacífico, entre Nova Caledonia e Tahití. Situada a uns 230 km ao nordés de Futuna, que pertence a Wallis e Futuna. A súa capital é Mata-Utu

Xeografía[editar | editar a fonte]

Lago Lalolalo


As illas de Wallis consisten nunha illa principal, Úvea (que abarca 77,6 km²), e varias illas de coral. Úvea é un antigo volcán que comezou a afundirse, o que deixa un arrecife de coral e unha lagoa no océano aberto con catro pases dos cales só un é navegable. O seu punto máis alto, o monte Loka, é baixo (151 metros).

Aínda que carece de rios, a illa está salpicada de lagos de cráter (o que indica unha antiga actividade volcánica), onde o lago de Lalolalo é o máis grande, e que son valiosas reservas de auga doce para a illa

Úvea está situada a 240 km ao nordés de Futuna. Wallis ten un chan volcánico fértil e as choivas son suficientes para impulsar a agricultura.

Historia[editar | editar a fonte]

Toma o seu nome do Inglés Samuel Wallis que a descubriu en 1767. En 1886, convértese nun protectorado francés.

Demografía[editar | editar a fonte]

A poboación da illa era de 9.731 habitantes en 2008 (67% do territorio). Por primeira vez en máis de medio século, a poboación da comunidade diminúe en relación co censo anterior (2003). A maioría das persoas falan wallisiano como lingua materna e case todos son Católicos romanos.

Administración[editar | editar a fonte]

Úvea (Wallis) é un dos tres reinos tradicionais de Wallis e Futuna, as outras dúas son a Alo e Sigave nas illas Hoorn (Futuna). O seu capital, Mata-utu, situado na costa este, é tamén a capital de todo o territorio, Wallis e Futuna. O reino divídese en tres distritos, que se enumeran de norte a sur:

Distrito (significado) Capital Área
(km²)
Poboación
Censo 2003
Vilas
Hihifo (oeste) Vaitupu 23.4 2422 5
Hahake (este) Matāʻutu 27.8 3950 6
Mu'a (primeiro) Mala'efo'ou (1) 26.3 3699 12
'Uvea (Wallis) xefatura Matāʻutu 77.5 10071 23

(1) anteriormente chamada Mua