Volta ciclista a Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Volta ciclista a Galicia ó seu paso por Cangas na edición do 2008.

A Volta a Galicia foi unha carreira ciclista por etapas de nivel profesional, clásica do calendario español, que percorría as estradas de Galicia. Comezou a disputarse en 1933, sendo Salvador Cardona o seu primeiro gañador. Até 1955 tivo unha existencia irregular. En 1984 e 1985 celebrouse en xullo, entre 1987 e 1999 en agosto, e no 2000 en setembro. No seu tempo contou con gañadores tan salientables como Miguel Indurain, Julián Berrendero, Delio Rodríguez, Andrew Hampsten ou Abraham Olano. O corredor con máis vitorias é o ponteareán Emilio Rodríguez, con tres.

Outros ilustres participantes na carreira foron Lance Armstrong[1] (gañador dunha etapa na edición de 1992), Claudio Chiappucci (segundo da clasificación xeral en 1994), Pedro Delgado[2], Paolo Bettini (gañador dunha etapa na edición de 1999), Laurent Jalabert (terceiro da clasificación xeral en 1996), Gianni Bugno (gañador dunha etapa na edición de 1993) etc.

A proba desapareceu no calendario do ciclismo profesional trala edición do ano 2000, pero a Volta a Galicia renaceu en 2002 para ciclistas amateur, cun formato de 5 etapas que logo foi reducido a 3, disputándose sempre no mes de setembro.

Xerseis[editar | editar a fonte]

No caso da Volta a Galicia, estes son os xerseis que distinguen ós líderes das distintas clasificacións:

  • Jersey yellow.svg Xersei amarelo: vestido polo líder da clasificación xeral por tempos.
  • Jersey green.svg Xersei verde: vestido polo líder da clasificación de escaladores.
  • Jersey red.svg Xersei vermello: vestido polo líder da clasificación das metas volantes.
  • Jersey white.svg Xersei branco: vestido polo líder da clasificación dos xoves.
  • Jersey blue.svg Xersei azul: vestido polo primeiro galego da clasificación xeral.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Miguel Indurain, gañador en 1995.
Andrew Hampsten, gañador en 1993.
Podios da Volta a Galicia
Edicións PRIMEIRO Segundo Terceiro
2012 Flag of Portugal.svg Luís Afonso España David Francisco Delgado España Miguel Gómez Crespo
2011 España José Belda Mira España Héctor González Baeza España Moisés Dueñas Nevado
2010 España Raúl García de Mateos España Sergio Escobar Roure España Rafael Rodríguez Segarra
2009 Galicia Enrique Salgueiro Alonso Flag of Chile.svg Carlos Oyarzun Guíñez Galicia Gustavo Rodríguez Iglesias
2008 España Óscar García-Casarrubios Flag of Portugal.svg Vitor-Bruno Martins Carvalho Flag of Russia.svg Dmitri Puzanov
2007 España Óscar Laguna García (2) España Eduardo González Pascual Flag of Chile.svg Carlos Oyarzun Guíñez
2006 España Óscar Laguna García Galicia Gonzalo Rabuñal Ríos Galicia Alejandro Paleo Mosquera
2005 España Manuel Jesús Jiménez España Alberto Fernández Sainz España Eder Salas Zorrozua
2004 Galicia Luis Fernández España Jorge Nogaledo García España Sergio Domínguez Rodríguez
2003 Flag of Costa Rica.svg José Adrián Bonilla España José Ruiz Sánchez España Francisco Morales Pando
2002 España Fernando Torres España Aitor Pérez Arrieta España José Mario Box Quinto
2001 Non se disputou - -
2000 Flag of Kazakhstan.svg Andrei Teteriouk España David Etxebarría España Juan Miguel Mercado
1999 Galicia Marcos Serrano Flag of Kazakhstan.svg Andrei Teteriouk España Abraham Olano
1998 Bélxica Frank Vandenbroucke España Abraham Olano Galicia Marcos Serrano
1997 España Aitor Garmendia Italia Gianluca Bortolami Francia Armand De Las Cuevas
1996 España Abraham Olano Ucraína Andrei Tchmil Francia Laurent Jalabert
1995 España Miguel Indurain Flag of the Netherlands.svg Maarten Den Bakker España Manuel Fernández Ginés
1994 España Laudelino Cubino Italia Claudio Chiappucci Italia Stefano Della Santa
1993 Flag of the United States.svg Andrew Hampsten Italia Stefano Della Santa Flag of Colombia.svg Álvaro Mejía
1992 Suíza Fabian Jeker España Federico Echave Flag of Colombia.svg Oliverio Rincón
1991 Flag of Colombia.svg Álvaro Mejía Flag of Latvia.svg Piotr Ugrumov Suíza Fabian Fuchs
1990 España Federico Echave España Laudelino Cubino Bélxica Johan Bruyneel
1989 España Vicente Ridaura España Federico Echave España Iñaki Gastón
1988 España Marino Lejarreta Galicia Álvaro Pino España Miguel Indurain
1987 España Jokin Mújika España Iñaki Gastón España Vicente Belda
1986 Non se disputou - -
1985 Galicia Jesús Blanco Villar España Vicente Belda Alemaña Raimund Dietzen
1984 España Vicente Belda España José Recio España Jokin Mújika
1956-1983 Non se disputou - -
1955 Galicia Emilio Rodríguez (3) España Carmelo Morales España René Marigil
1948-1954 Non se disputou - -
1947 Galicia Emilio Rodríguez (2) Galicia Manolo Rodríguez Galicia Delio Rodríguez
1946 Galicia Emilio Rodríguez Galicia Pastor Rodríguez España Luis Sánchez Huergo
1945 Galicia Delio Rodríguez Galicia Emilio Rodríguez España Julián Berrendero
1936-1944 Non se disputou - -
1935 España Julián Berrendero España Fermín Trueba España Mariano Gascón
1934 Non se disputou - -
1933 España Salvador Cardona España Eusebio Bastida España Federico Ezquerra

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]