Volta ao País Vasco 2017

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
2016 << Volta ao País Vasco 2017 >> 2018
Clasificacións 6 etapas, 828,8 km
- Xeral España Alejandro Valverde
- Metas voantes España Lluís Mas
- Montaña Alex Howes
- Regularidade España Alejandro Valverde

A 57ª edición da Volta ao País Vasco (en éuscaro e oficialmente: Euskal Herriko 57. Itzulia) foi unha carreira ciclista celebrada no País Vasco entre o 3 e o 8 de abril de 2017.

A carreira estivo formada por cinco etapas en liña e unha contra reloxo individual final. Comezou en Iruñea, Navarra e tras 828,8 quilómetros de percorrido finalizou na vila guipuscoana de Éibar. A etapa raíña foi a quinta, co mítico ascenso a Arrate en Éibar.

Esta carreira foi a décimo cuarta carreira do UCI WorldTour 2017. O gañador foi Alejandro Valverde que ademais do xersei amarelo conseguiu o branco da regularidade e a vitoria na etapa raíña. Segundo acabou o vencedor da pasada edición, Alberto Contador e terceiro o local Ion Izagirre.

Nas outras clasificacións, Alex Howes logrou a vitoria na clasificación da montaña, Lluís Mas venceu na clasificación das metas voantes e o Bahrain-Merida gañou entre os equipos.

Equipos[editar | editar a fonte]

Nesta edición da proba vasca correron 20 equipos (os 18 da máxima categoría e 2 Profesionais Continentais) de 8 corredores, o que sumou 160 ciclistas no pelotón de inicio.

Equipo Código Categoría
Francia AG2R La Mondiale ALM UCI WorldTour
Astana AST UCI WorldTour
Bahrain Bahrain-Merida TBM UCI WorldTour
BMC Racing Team BMC UCI WorldTour
Alemaña Bora-Hansgrohe BOH UCI WorldTour
España Caja Rural-Seguros RGA CJR Prof. Continental
Cannondale-Drapac CPT UCI WorldTour
Francia Cofidis COF Prof. Continental
Team Dimension Data DDD UCI WorldTour
Francia FDJ FDJ UCI WorldTour
Suíza Team Katusha-Alpecin KAT UCI WorldTour
Bélxica Lotto-Soudal LTS UCI WorldTour
Países Baixos Team LottoNL-Jumbo TLJ UCI WorldTour
Movistar Team MOV UCI WorldTour
Australia Orica-Scott ORS UCI WorldTour
Bélxica Quick-Step Floors QST UCI WorldTour
Team Sky SKY UCI WorldTour
Alemaña Team Sunweb SUN UCI WorldTour
Trek-Segafredo TFS UCI WorldTour
Emiratos Árabes Unidos UAE Team Emirates UAD UCI WorldTour

Etapas[editar | editar a fonte]

Etapa Data Percorrido km Gañador Líder
1.ª 3 de abril Iruñea-Eguesibar 153,3 Australia Michael Matthews Australia Michael Matthews
2.ª 4 de abril Iruñea-Eltziego Etapa de media montaña 173,4 Suíza Michael Albasini Australia Michael Matthews
3.ª 5 de abril Gasteiz-Donostia Etapa de media montaña 160,5 Cataluña David de la Cruz Cataluña David de la Cruz
4.ª 6 de abril Donostia-Bilbao Etapa de media montaña 174,1 Eslovenia Primož Roglič Cataluña David de la Cruz
5.ª 7 de abril Orio-Arrate (Éibar) Etapa de montaña 139,8 España Alejandro Valverde España Alejandro Valverde
6.ª 8 de abril Éibar-Éibar 27,7 (CRI) Eslovenia Primož Roglič España Alejandro Valverde
Total 828,8 España Alejandro Valverde

Clasificación xeral[editar | editar a fonte]

A seguinte táboa mostra os dez primeiros da clasificación xeral final:

Posición Ciclista Equipo Tempo
España Alejandro Valverde Movistar Team 20h 41' 25"
2 España Alberto Contador Trek-Segafredo + 17"
3 Ion Izagirre Bahrain-Merida + 21"
4 Cataluña David de la Cruz Quick-Step Floors + 44"
5 Eslovenia Primož Roglič Team LottoNL-Jumbo + 59"
6 Louis Meintjes UAE Team Emirates + 1' 19"
7 Austria Patrick Konrad Bora-Hansgrohe + 1' 40"
8 Sergio Henao Team Sky + 1' 51"
9 Rigoberto Urán Cannondale–Drapac + 1' 56"
10 Eslovenia Simon Špilak Team LottoNL-Jumbo + 2' 01"

Outras clasificacións[editar | editar a fonte]

Clasificación da montaña[editar | editar a fonte]

Pos. Ciclista Equipo Puntos
Alex Howes Astana 27
2 Francia Yoann Bagot Cofidis 23
3 Italia Matteo Montaguti AG2R 15
4 Igor Antón Dimemsion 14
5 Francia Stephane Rossetto Cofidis 14

Clasificación da regularidade[editar | editar a fonte]

Pos. Ciclista Equipo Puntos
España Alejandro Valverde Movistar 74
2 Australia Michael Matthews Sunweb 69
3 Eslovenia Primož Roglič LottoNL 54
4 Cataluña David de la Cruz Quick-Step 48
5 Polonia Michał Kwiatkowski Sky 40

Clasificación das metas voantes[editar | editar a fonte]

Pos. Ciclista Equipo Puntos
España Lluís Mas Caja Rural 11
2 Jonathan Lastra Caja Rural 10
3 Uruguai Fabricio Ferrari Caja Rural 6
4 España Carlos Verona Orica 5
5 España Luis Ángel Maté Cofidis 4

Clasificación por equipos[editar | editar a fonte]

Pos. Equipo Tempo
Bahrain Bahrain 62h 11' 22"
2 España Movistar + 1' 18"
3 Alemaña Sunweb + 2' 28"
4 Sky + 2' 38"
5 Francia AG2R + 4' 33"

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]