Vallès

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización do Vallès en Cataluña

O Vallès é unha comarca natural catalá situada na Depresión Prelitoral Catalá, entre os ríos Llobregat e Tordera. A súa capital histórica é Caldes de Montbui.

A división comarcal de 1936 dividiu esta comarca natural en dúas comarcas administrativas, o Vallès Occidental, que actualmente ten dúas capitais, Sabadell e Terrassa, e o Vallès Oriental, con capital en Granollers, ambas na provincia de Barcelona.