Vítor Manuel Fernandes dos Santos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVítor Manuel Fernandes dos Santos
Biografía
Nacemento1946 Editar o valor em Wikidata (77/78 anos)
Oeiras, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Lisboa Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata

Vítor Manuel Fernandes dos Santos (coñecido artisticamente como Vítor Santos), nado en Algés, Oeiras, en 1946,[1] é un escultor, medallista e deseñador de moedas portugués coñecido por ser o creador dos anversos da primeira serie de moedas do euro de Portugal.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Vítor Santos cursou estudos superiores de Escultura na Facultade de Belas Artes da Universidade de Lisboa (FBAUL), onde despois acadou un mestrado en Deseño.[2] Posteriormente formouse como deseñador e gravador litográfico na Escola de Artes Decorativas António Arroio, da mesma cidade.[3]

Moeda de 100 escudos de 1997

Como medallista foi un dos fundadores do grupo de escultores medallistas Anverso/Reverso e é membro da Federación Internacional da Medalla de Arte (FIDEM). A súa obra está en varias coleccións particulares e en institucións como o Museo Británico, onde se expón a súa medalla do 50 aniversario da Polyphonia Schola Cantorum.[3][4]

A primeira moeda deseñada por Fernandes dos Santos foi a bimetálica de 100 escudos cuñada pola Imprensa Nacional-Casa da Moeda en 1997 en conmemoración da Exposición Mundial de Lisboa de 1998.[5]

Anverso da moeda dun euro de Portugal (2010)[6]

Logo da integración de Portugal na Eurozona, Vítor Manuel Fernandes dos Santos foi o vencedor do concurso nacional para os deseños dos anversos nacionais das moedas de euro portuguesas.[2] O deseñador inspirouse para iso nos selos reais do primeiro rei de Portugal, Afonso Henriques: na de dous euros e na dun euro, o selo real de 1144; nas de 50, 20 e 10 céntimos, o selo real de 1142; e nas de 5, 2 e 1 céntimo, o primeiro selo real, de 1134.[7][8][9]

Ademais das moedas ordinarias en circulación, Fernandes dos Santos encargouse tamén dos deseños de diversas moedas conmemorativas cuñadas en metais nobres destinadas ao coleccionismo e ao investimento.[8] Entre elas, a moeda de ouro de cinco euros conmemorativa dos 150 anos do primeiro selo postal portugués, emitida en 2003,[10] foi premiada na XXIII Conferencia de Directores de Ceca (San Francisco, 2004) como a moeda conmemorativa con acabamento proof tecnicamente máis avanzada.[3][11]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]