Moeda de 2 euros
As moedas de 2 euros, acuñadas polos Estados membros da Eurozona como moeda de curso legal en ditos membros, están formadas por unha zona interior de níquel-latón e unha zona exterior de cuproníquel. Teñen un diámetro de 25,75 mm, un grosor de 2,20 mm e un peso de 8,50 gramos. O seu bordo é estriado fino cunha inscrición gravada propia de cada estado. Todas as moedas teñen unha cara común (a cal cambiou no 2007 con respecto á orixinal) e unha cara específica de cada estado.
Índice |
Os cantos [editar]
| Estado | Inscrición no borde | Descrición |
|---|---|---|
| Alemaña | "EINIGKEIT UND RECHT UND FREIHEIT" (Unidade e Xustiza e Liberdade), lema nacional alemán e o principio do seu himno. | |
| Austria | "2 EURO ★★★" catro veces alternándose cara arriba e cara abaixo. | |
| Bélxica, Francia, Irlanda, Luxemburgo, Mónaco, España | "2 ★ ★" seis veces alternándose Cara arriba e cara abaixo. | |
| Chipre | "2 EURO 2 ΕΥΡΩ" dúas veces. (2 EURO en grego e turco). | |
| Finlandia | "SUOMI FINLAND" con tres cabezas de león (SUOMI significa Finlandia en finés, e FINLAND significa Finlandia en sueco, os dous idiomas oficiais de Finlandia). | |
| Grecia | "ΕΛΛΗΝΙΚΗ ΔΗΜΟΚΡΑΤΙΑ ★" (ELLENIKI DEMOKRATIA: "REPÚBLICA HÉLENICA" en grego). | |
| Italia, San Mariño, Cidade do Vaticano | "2 ★" seis veces alternándose cara arriba e cara abaixo. | |
| Malta | "2✠✠" repítese seis veces alternándose cara arriba e cara abaixo. | |
| Países Baixos | "GOD ★ ZIJ ★ MET ★ ONS ★" (DEUS ESTE CON NOS en neerlandés). A inscrición tamén aparecía nos floríns neerlandeses. | |
| Portugal | O bordo mostra os sete castelos e os cinco escudos de armas, que tamén se encontran na cara específica da moeda. | |
| Eslovaquia | "SLOVENSKÁ REPUBLIKA" (REPÚBLICA ESLOVACA en eslovaco) con dúas estrelas e unha folla de tilia. | |
| Eslovenia | "SLOVENIJA ●" (ESLOVENIA en esloveno) |
Caras actuais [editar]
-
Eslovaquia: O escudo de armas de Eslovaquia, a cruz dobre sobre tres outeiros
-
Mónaco: Efixie de Alberte II
-
2 euro Netherlands.jpg
Países Baixos: Efixie da Raíña Beatriz, co seu título verticalmente como no antigo florín
Notas [editar]
*Francia é tamén coñecida como l'Hexagone debido á súa forma que lembra un hexágono.
Caras antigas [editar]
-
España, 1999-2009: Efixie do Rei Xoán Carlos I
-
Mónaco, 2002-2005: Efixie de Rainiero III