Truls Mørk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Truls Otterbech Mørk
Nome completo Truls Otterbech Mørk
Naceu 25 de abril de 1897
Orixe Bergen, Noruega Flag of Norway.svg
Ocupación (s) Violonchelista
Instrumento(s) Violoncello
Na rede
Páxina oficial

Truls Otterbech Mørk, nado en Bergen o 25 de abril de 1961, é un violoncellista noruegués.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de dous musicos, seu pai violoncellista e súa nai pianista, comezou a recibir leccións de piano da súa proxenitora ainda aos sete anos. Tamén aprendeu a tocar o violín, mais logo o trocou polo violoncello, recibindo clases do seu pai.

Mørk comezou a estudar, realmente, con Frans Helmerson, aos 17 anos, no Instituto de Música de Edsberg. Como era un admirador de Mstislav Rostropovich e da escola rusa de violoncello, foi estudar coa cellista rusa Natalia Schakowskaya.

En 1982, Mørk foi o primeiro músico en chegar ás finais da Competición Internacional Tchaikovsky, en Moscova, conquistando o sexto lugar. Logo, acandou o segundo lugar, en 1986, na Competición de Naumberg, en Nova York, e na Competición de Violoncello de Cassado, en Firence.

En 1989, realizou a súa maior xira de concertos, tocando con moitas das maiores orquestras de Europa. En 1994, fai unha serie de concertos nos Estados Unidos coa Filharmónica de Oslo, tocando no Carnegie Hall e no Kennedy Center.

Hoxe en dia, Mørk é un intérprete importante na escena concertista internacional. Ten unha extensa discografía que se extende dende a súa gravación, gañadora do Grammy, dos concertos para violoncello de Shostakovich, ata a súa gravación das suites para violoncello solo de Bach, moi aclamada pola crítica.

Mørk é mestre na Academia de Música Norueguesa, en Oslo. Tamén posúe e toca un raro violoncello Domenico Montagnana, feito en Venecia no ano 1723.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]