TropaVerde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logotipo da iniciativa TropaVerde
Logotipo da iniciativa TropaVerde.

TropaVerde é unha plataforma web desenvolvida por TEIMAS Desenvolvemento[1] o 17 de maio de 2015 que ten por obxectivo fomentar a reciclaxe e a responsabilidade ambiental entre a cidadanía, premiando de forma directa as boas accións medioambientais. Para cumprir este obxectivo conecta os tres actores necesarios:

Funcionamento[editar | editar a fonte]

Cada vez que un cidadán ou cidadá deposita un residuo nunha instalación de reciclaxe colaboradora, recibe un cheque con estrelas (puntos) que pode acumular na súa conta TropaVerde para trocalas cando desexen por descontos ou agasallos (recompensas) nos comercios e establecementos de hostalaría colaboradores. Ser instalación de reciclaxe colaboradora é gratuíto, así como ser cidadán ou cidadá participante. A participación dos comercios e establecementos de hostalaría é tamén gratuíta, á marxe das recompensas que cada empresa colaboradora decida ofertar á cidadanía a cambio das estrelas acumuladas.

Alcance[editar | editar a fonte]

Na actualidade TropaVerde ten tropas galegas activas en Santiago de Compostela, Lugo, Ames, Redondela, O Porriño, Marín, Vilagarcía de Arousa, Santa Comba e Cambados; así como tropas internacionais en Hungría[2], Francia[3], Portugal[4], Grecia[5] e Polonia[6].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "TropaVerde". TEIMAS. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2021. Consultado o 2021-04-06. 
  2. "Tropaverde". Tropaverde - Hulladék.Pont (en húngaro). Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2021. Consultado o 2021-04-06. 
  3. "Récompenser le geste de tri !". Tropaverde (en francés). Consultado o 2021-04-06. 
  4. "Tropaverde". Tropaverde (en portugués). Consultado o 2021-04-06. 
  5. "Το Tropaverde Δήμου". Το Tropaverde (en grego). Consultado o 2021-04-06. 
  6. "Tropaverde". Tropaverde (en polaco). Consultado o 2021-04-06. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]