Transformers (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Megan Fox e Rachael Taylor na estrea do filme en Sidney.
Momento da rodaxe do filme.

Transformers é un filme de ciencia ficción, acción e aventura estadounidense de 2007, adaptación da franquía Transformers, dirixido por Michael Bay e producida por Steven Spielberg con guión de Roberto Orci e Alex Kurtzman.

Características[editar | editar a fonte]

Protagonizado por Shia LaBeouf como Sam Witwicky, un adolescente que se ve metido nunha guerra entre os heroicos Autobots e os malignos Decepticons, dúas faccións de robots alieníxenas que son capaces de transformarse en calquera máquina. Os Decepticons desexan o control de AllSpark, un obxecto que creou a súa raza robótica coa intención de usalo para dar vida a todas as máquinas da Terra. Megan Fox, Josh Duhamel, Tyrese Gibson, Jon Voight, Anthony Anderson e John Turturro son os outros actores principal con Peter Cullen e Hugo Weaving que dan voz a Optimus Prime e Megatron respectivamente.

Os produtores Don Murphy e Tom DeSanto desenvolveron o proxecto en 2003. Hasbro, a propietaria dos xoguetes nos que se basea a franquía, organizou unha gran campaña promocional enorme con lanzamento coordinado de cómics, xoguetes e libros e publicidade indirecta con General Motors e eBay.

O filme estreado o 28 de xuño de 2007 en Australia e o 3 de xullo nos Estados Unidos constituíu un éxito de público, recadando máis de 700 millóns de dólares en todo o mundo, pero a crítica estivo dividida. O filme converteuse no primeiro dunha serie, o segundo foi Transformers: Revenge of the Fallen estreado o 24 de xuño de 2009.