Alex Kurtzman
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alex Kurtzman, nado o 7 de setembro de 1973 n’Os Ánxeles, é un guionista, produtor e director estadounidense.
Índice |
Traxectoria [editar]
Kurtzman naceu e medrou n’Os Ánxeles, California,[1] onde coñeceu o seu amigo e colaborador Roberto Orci. Estudou na Universidade Wesleyana.
El e mais Orci traballan a miúdo con J. J. Abrams e Michael Bay nos seus proxectos.
Kurtzman, xunto a Abrams e Orci, cocreou a serie de ciencia ficción Fringe, emitida pola canle Fox.
Filmografía [editar]
| Ano | Filme | Notas |
|---|---|---|
| 2005 | A illa | coguionista (guión) |
| The Legend of Zorro | coguionista (guión e historia) | |
| 2006 | Mission: Impossible III | coguionista (guión) |
| 2007 | Transformers | coguionista (guión e historia) |
| 2008 | Eagle Eye | produtor |
| 2009 | Watchmen | revisión do guión non acreditada (guión)[2] |
| Star Trek | coguionista e produtor executivo (guión e historia) | |
| Transformers: Revenge of the Fallen | guionista | |
| 2011 | Cowboys & Aliens | coguionista, produtor |
| ? | Welcome to People | director, coguionista, coprodutor |
Televisión [editar]
| Ano | Serie | Notas |
|---|---|---|
| 1997-1999 | Hercules: The Legendary Journeys | coprodutor executivo, guionista |
| 1999-2000 | Xena: Warrior Princess | coprodutor executivo, guionista |
| 2000 | Jack of All Trades | produtor executivo, guionista |
| 2001-2003 | Alias | supervisor de produción, coprodutor executivo, produtor executivo, guionista |
| 2008-presente | Fringe | cocreador, produtor executivo, consultor de produción, guionista |
| 2010-presente | Hawaii Five-0 | produtor executivo, guionista |
| 2010-2011 | Transformers Prime | produtor executivo |
Notas [editar]
- ↑ Alex Kurtzman na IMDb (en inglés). Consultado o 22 de febreiro de 2009.
- ↑ Roberto Orci (10-08-2008). "The All New "Hey Roberto" Thread". Don Murphy. http://www.donmurphy.net/board/showpost.php?p=1213399&postcount=14649. Consultado o 22-10-2008.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Alex Kurtzman na IMDb (en inglés).