Megan Fox

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Megan Fox na entrega dos premios da Hollywood Life Magazine.

Megan Denise Fox, nada o 16 de maio de 1986 en Rockwood (Tennessee), é unha actriz e modelo estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois dunha exitosa carreira como modelo, Fox comezou a súa carreira de actriz en 2001 cun papel secundario como Brianna Wallace in Holiday in the Sun con Mary Kate Olsen e Ashley Olsen. Fox foi tamén actriz convidada en varias series de televisión como What I Like About You, Two and a Half Men e The Help e actriz de reparto en Ocean Ave. e Hope and Faith.

En 2004 Fox comezou a súa carreira cinematográfica con Confessions of a Teenage Drama Queen con Lindsay Lohan. Outros filmes na súa carreira son Crimes of Fashion (2004, TV), Nova York para principiantes (2008) e Whore (2008). O papel máis destacado na súa carreira foi o de Mikaela Banes no filme Transformers de 2007, tamén apareceu na súa secuela Transformers: Revenge of the Fallen. Outros filmes seus, aínda sen estrear, son Jennifer's Body, Jonah Hex e The Crossing.