Toy Story 4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Toy Story 4
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalToy Story 4
DirectorJosh Cooley
Produtor
Guión
Baseado enHistoria orixinal de
John Lasseter
Intérpretes
MúsicaRandy Newman[3]
Fotografía
  • Patrick Lin
  • Jean-Claude Kalache
MontaxeAxel Geddes
Estudio
DistribuidoraWalt Disney Studios
Motion Pictures
EstreaEl Capitan Theatre: 11 de xuño de 2019
21 de xuño de 2019
Duración100 minutos[4]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAnimación
Orzamento200 millóns de dólares[5]
Recadación1 073 millóns de dólares[6][7]
Filme anteriorToy Story 3
Na rede
https://www.pixar.com/toy-story-4 e https://www.disney.co.jp/movie/toy4.html
IMDB: tt1979376 Filmaffinity: 160410 Allocine: 218956 Rottentomatoes: m/toy_story_4 Mojo: pixar2017 Allmovie: v620009 TCM: 2073297 Metacritic: movie/toy-story-4 TV.com: movies/toy-story-4
Twitter: toystory Instagram: toystory Editar o valor em Wikidata

Toy Story 4 é un filme estadounidense de 2019 producido por Pixar Animation Studios para Walt Disney Pictures. É o cuarto título da serie Toy Story, sendo a secuela de Toy Story 3 (2010). Foi dirixido por Josh Cooley (no seu debut como director) a partir dun guión de Andrew Stanton e Stephany Folsom; os tres concibiron a historia xunto con John Lasseter, Rashida Jones, Will McCormack, Valerie LaPointe e Martin Hynes.[2] Tom Hanks, Tim Allen, Annie Potts, Joan Cusack, Don Rickles, Wallace Shawn, John Ratzenberger, Estelle Harris, Blake Clark, Bonnie Hunt, Jeff Garlin, Kristen Schaal e Timothy Dalton retoman os papeis que interpretaron nos filmes anteriores. Tony Hale, Keegan-Michael Key, Jordan Peele, Christina Hendricks, Keanu Reeves e Ally Maki poñen as voces dos novos personaxes.

O filme segue os eventos de Toy Story 3, co Sheriff Woody, Buzz Lightyear e o seu grupo de xoguetes amigos vivindo con Bonnie. Ó grupo únese Forky, un garfo que Bonnie converteu nun xoguete. O filme está adicado a Rickles e ó animador Adam Burke, que morreron o 6 de abril de 2017 e o 8 de outubro de 2018 respectivamente.[8][9]

Toy Story 4 estreouse o 11 de xuño de 2019 nos Ánxeles, California, e estreouse nos cinemas dos Estados Unidos de América o 21 de xuño de 2019, en RealD 3D, Dolby Cinema e IMAX. Recadou 1 073 millóns de dólares en todo o mundo, converténdose no título con maior recadación da franquía, no oitavo filme con maior recadación de 2019, e no número 30 de tódolos tempos. Recibiu críticas positivas pola súa historia, humor, emoción, banda sonora, animación e interpretacións. Na 92ª edición dos Óscar, foi nomeado á mellor canción orixinal e gañou o Óscar ó mellor filme de animación.[10][11]

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Disney/Pixar/YouTube, ed. (12 de novembro de 2018). "Official Teaser". Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2019. Consultado o 16 de febreiro de 20019. 
  2. 2,0 2,1 Giardina, Carolyn (13 de maio de 2019). The Hollywood Reporter, ed. "'Toy Story 4': Rashida Jones, John Lasseter Among 8 Who Will Share "Story By" Credits". Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2019. Consultado o 13 de maio de 2019. It's all original films after this one right now. 
  3. Cross, Dominick (26 de febreiro de 2016). The Advertiser, ed. "Newman on Putin, people, politics, music". Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2016. Consultado o 26 de novembro de 2016. 
  4. "TOY STORY 4". British Board of Film Classification. Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2019. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  5. Patrick Brzeski (21 de xuño de 2019). The Hollywood Reporter, ed. "China Box Office: 'Toy Story 4' Getting Crushed by Rerelease of Anime Classic 'Spirited Away'". Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2019. Consultado o 23 de xuño de 2019. 
  6. "Toy Story 4 (2019)". Box Office Mojo. Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2019. Consultado o 7 de decembro de 2019. 
  7. "Toy Story 4 (2019)". The Numbers. Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2019. Consultado o 7 de decembro de 2019. 
  8. "Press Kit" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de xuño de 2019. Consultado o 8 de xuño de 2019. 
  9. Amidi, Amid (8 de outubro de 2018). Cartoon Brew, ed. "Adam Burke, Veteran Pixar Animator, Dies". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2019. Consultado o 22 de xuño de 2019. 
  10. Hipes, Patrick (13 de xaneiro de 2020). "The 92nd Oscar Nominations: The Complete List". Deadline Hollywood. Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2020. Consultado o 15 de xaneiro de 2020. 
  11. Romano, Nick (9 de febreiro de 2020). "Toy Story 4 wins Best Animated Film at the Oscars". Entertainment Weekly. Consultado o 10 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]