Up (filme)
| Up | |
|---|---|
| Título orixinal | |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Pete Docter e Bob Peterson |
| Produtor | Jonas Rivera |
| Guión | Bob Peterson e Ronnie del Carmen |
| Baseado en | |
| Intérpretes | Edward Asner, Christopher Plummer, John Ratzenberger, Jordan Nagai |
| Música | Michael Giacchino |
| Fotografía | |
| Montaxe | |
| Estudio | |
| Distribuidor | Walt Disney Pictures |
| Ano | 29 de maio de 2009 |
| Duración | 99 minutos |
| País | |
| Xénero | Animación |
| Orzamento | 175.000.000 $ |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
Up (en galego, No alto ou Subir, dependendo do contexto) é unha película de animación 3D xerada por computador e producida por Pixar Animation Studios, estreada nos EUA o 29 de maio de 2009 e distribuída por Walt Disney Pictures. Está dirixida por Pete Docter, director de Monsters, Inc., e conta coas voces de Edward Asner, Christopher Plummer, Jordan Nagai e John Ratzenberger. Nela traballaron uns 70 animadores.
Índice |
Argumento [editar]
Carl Fredricksen (Ed Asner) é un vendedor de globos xa xubilado, de 78 anos. De neno coñecera a unha nena chamada Ellie, coa que terminara casando. Desde cativos soñaran con explorar Sudamérica e coñecer "as fervenzas Paraíso", pero Ellie faleceu sen poder logralo.
Pero cando se ve acosado por empresas urbanísticas para deixar a súa casa, e é forzado a retirarse a un asilo, Carl decide cumprir o soño da parella. Fai voar a súa casa, atándolle miles de globos de helio. Pero ao pouco de comezar o voo, descubre que leva un polizón, un explorador de 8 anos chamado Russell (Jordan Nagai). Tras atravesar tormentas tropicais, ambos os dous chegan á selva, e atopan ao ídolo da infancia de Carl, un explorador que non dubida en querer matalos para atopar un ave.
Finalmente, Carl e Russell regresan á vila de orixe nun dirixible, vivindo en calma e lembrando a súa aventura.
Premios [editar]
- Oscar ó mellor filme de animación, 2009.
- Oscar á mellor banda sonora, 2009.
- A película acadou o Globo de Ouro á mellor película animada e á mellor banda sonora no 2010.
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Up páxina oficial de Disney (en inglés).
- Up na Internet Movie Database (en inglés).
|
|||||||||||||||||||||||||||||||