Tin Toy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tin Toy
Ficha técnica
DirectorJohn Lasseter
ProdutorBill Reeves
GuiónJohn Lasseter
MúsicaDavid Slusser
EstudioPixar
DistribuidoraPixar
Estrea2 de agosto de 1988
Duración5 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAnimación
Orzamento$300 000 [1]
Na rede
https://www.pixar.com/tin-toy
IMDB: tt0096273 Filmaffinity: 896363 Allocine: 56616 Rottentomatoes: m/tin-toy TCM: 502252 Editar o valor em Wikidata

Tin Toy é unha curtametraxe de animación de Pixar que foi estreada en 1988.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Tin Toy é un xoguete acabado de mercar que chega a unha casa, onde ve a un bebé que comeza a romper xoguetes. O bebé ve a Tin Toy e vai a por el. Asustado, Tin Toy empeza a correr por toda a sala fuxindo do bebé ata que se agocha debaixo do sofá, onde hai moitos outros xoguetes que coma el se agochan do cativo. Cando o bebé empeza a chorar, Tin Toy sente compaixón, sae do seu agocho e deixa que xogue con el. O bebé colle a Tin Toy e axítao no aire, pero axiña deixa de xogar con el e ponse a rebeirar coa caixa na que viña Tin Toy. Ofendido, Tin Toy anóxase co bebé porque non lle fai caso.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Steve Jobs 19". Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2012. Consultado o 27 de decembro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Red's Dream
Curtametraxes de Pixar Animation Studios
1988
Sucesor:
Knick Knack