Wallace Shawn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wallace Shawn
Nome completoWallace Michael Shawn
Nacemento12 de novembro de 1943
LugarNova York
NacionalidadeEstados Unidos de América
Relixiónateísmo
Educado enUniversidade Harvard, Magdalen College, Harvard College, Collegiate School, The Putney School e HB Studio
PaiWilliam Shawn
Profesiónactor, escritor, actor de dobraxe, dramaturgo, actor de xénero, guionista, actor de cinema e actor de televisión
Na rede
IMDB: nm0001728 Allocine: 99322 Rottentomatoes: celebrity/wallace_shawn Allmovie: p64973 TCM: 175472 Metacritic: person/wallace-shawn TV.com: people/wallace-shawn IBDB: 392569
Musicbrainz: f4a08c44-621c-4a4b-815f-65bbb61f9ca2 Songkick: 245334 WikiTree: Shawn-29 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Wallace Michael Shawn, nado o 12 de novembro de 1943 en Nova York, é un actor, actor de voz, cómico e escritor estadounidense. Entre as súas interpretacións máis recoñecidas salientan o seu papel como Wally Shawn (un versión ficticia de si mesmo) na comedia My Dinner with Andre (1981), Vizzini no filme A princesa prometida (1987), Mr. James Hall en Clueless (1995) e a voz de Rex na franquía cinematográfica de Toy Story. Tamén interpretou diferentes papeis en seis filmes de Woody Allen. Entre os seus traballos máis destacados en televisión están o seu papel como Grand Nagus Zek en Star Trek: Deep Space Nine (1993–1999), Cyrus Rose en Gossip Girl (2008–2012) e Dr. John Sturgis en Young Sheldon (2018–).

Entre as súas obras de teatro están Aunt Dan and Lemon (1985), The Designated Mourner (1996) e Grasses of a Thousand Colors (2008). Tamén escribiu o guión de My Dinner with Andre xunto con Andre Gregory, e A Master Builder (2013), unha adaptación cinematográfica da obra de Henrik Ibsen, a cal tamén protagonizou.[1] O seu libro Essays foi publicado no ano 2009 pola editorial Haymarket Books.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ciampaglia, Dante A. (1 de agosto de 2014). "Film Review: A Master Builder". Architectural Record. Consultado o 12 de novembro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]