Lifted

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lifted
Título orixinal
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Gary Rydstrom
Produtor Katherine Sarafian
Osnat Shurer e John Lasseter (produtor executivo)
Guión Gary Rydstrom
Baseado en
Intérpretes
Música Michael Giacchino
Fotografía
Montaxe Steve Bloom
Estudio Pixar Animation Studios
Distribuidor Walt Disney Pictures
Ano 29 de decembro de 2006
29 de xuño de 2007 (con Ratatouille)
Duración 5 minutos
País Estados Unidos de América Estados Unidos
Xénero Animación
Orzamento
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior
Filme seguinte
Ficha en IMDb

Lifted (en galego, Abducido) é unha curtametraxe de animación por ordenador feita por Pixar en 2006. Foi dirixida por Gary Rydstrom, a súa primeira vez no labor de dirección.

O filme foi candidato ao Premio Oscar á Mellor Curtametraxe Animada no ano 2007.[1]

Argumento[editar | editar a fonte]

Un extraterrestre mozo, Stu, atópase no interior dunha nave espacial realizando un exame de abdución. Para superar a proba debe levar un granxeiro durmido, chamado Ernie, ata a nave, baixo a atenta mirada do seu profesor, o Sr. B.[2] Perante del, Stu ten centos de interruptores carentes de etiquetas nunha consola xigante que deberá utilizar para aprobar o exame. Dubidando e dándolle a varios interruptores incorrectos, Stu fai golpear o humano contra as paredes, o teito e o chan, sen chegar a espertalo do seu sono. Stu frústrase por non conseguir o seu obxectivo e presiona e acciona todos os interruptores que pode á vez. Como consecuencia disto, o granxeiro golpéase contra todo o que hai no seu cuarto. Stu segue a premer algúns interruptores ao chou e asemade o Sr. B toma notas. Finalmente, Stu consegue elevar ao granxeiro ata a nave tras ler algúns dos seus apuntamentos, pero retira o dedo do botón moi rápido e precipítase contra o chan. Antes de que chegue ao solo, o Sr. B ponse diante dos interruptores e impide que caio; devolve ao granxeiro á súa cama e arromba o cuarto.

Avergonzado polo seu fracaso, Stu comeza a choromicar, contendo as bágoas. O Sr. B, compasivo, permite xenerosamente que Stu leve a nave de volta á súa casa. Cheo de ledicia, Stu toma os controis e comeza a elevar a nave no aire, pero de súpeto esta cae sobre a casa do granxeiro. Cando a nave espacial finalmente marcha, queda un profundo cráter en cuxo centro queda un pilar provocado pola pequena entrada que deixara aberta Stu ao abducir o granxeiro. No centro dese pilar, o granxeiro segue a durmir na súa cama.

Durante os créditos finais escóitase a alarma dun reloxo, ao granxeiro acordando e bocexando, un berro Wilhelm e por último un ruído xordo, indicando que caera no cráter.

Lanzamento[editar | editar a fonte]

A curta estreouse nos cines xunto ao filme de Pixar Ratatouille. Xa se proxectara un adianto no Festival Internacional de Cine de Chicago.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
One Man Band
Curtametraxes de Pixar Animation Studios
2006
Sucesor:
Presto