Toy Story
| Toy Story | |
|---|---|
| Título orixinal | Toy Story |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | John Lasseter William Reeves (dirección técnica) |
| Produtor | Ralph Guggenheim Bonnie Arnold Ed Catmull Steve Jobs |
| Guión | John Lasseter Pete Docter Andrew Stanton Joe Ranft Joss Whedon Andrew Stanton Joel Cohen Alec Sokolow |
| Baseado en | |
| Intérpretes | Voces en inglés: Tom Hanks Tim Allen Don Rickles Jim Varney Wallace Shawn John Ratzenberger Annie Potts John Morris Laurie Metcalf Erik von Detten |
| Música | Randy Newman |
| Fotografía | |
| Montaxe | Robert Gordon Lee Unkrich |
| Estudio | Pixar |
| Distribuidor | Walt Disney Pictures |
| Ano | 1995 |
| Duración | 81 minutos |
| País | |
| Xénero | Animación |
| Orzamento | $30.000.000 |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | Toy Story 2 |
| Ficha en IMDb | |
Toy Story (en galego, Historia de xoguetes) é unha película de animación xerada por computadora de Pixar e Walt Disney Pictures. Estreouse nos Estados Unidos o 22 de novembro de 1995.
Foi a primeira longametraxe totalmente animada por computadora e o primeiro proxecto importante de Pixar no cine.
Índice |
Argumento [editar]
A familia de Andy mudarase de casa e os xoguetes fan unha reunión para afinar os últimos detalles da mudanza. Ó remate da reunión lembran que ese día é o aniversario de Andy, polo que a maioría dos xoguetes teñen medo de ser substituído por algún novo agasallo. Woody, o xoguete preferido de Andy, chama á calma e envía a un grupo de soldados verdes á festa de aniversario para que nomeen os regalos que reciba Andy. Cando acaban todos os agasallos e entre eles non hai ningún xoguete, a mamá de Andy saca un agasallo que tiña escondido e pásallo ó fillo. Antes de que os soldados informen da identidade do regalo, os nenos soben á habitación de Andy correndo e os xoguetes volven ás súas posicións orixinais. O agasallo que recibiu Andy era un xoguete chamado Buzz Lightyear, unha figura de acción espacial baseada no protagonista dunha serie de televisión.
Co paso do tempo Buzz capta toda a atención de Andy e Woody sente envexa. Woody crea un plan para acabar con Buzz e que as cousas volvan a ser como eran, lanza a Buzz desde a fiestra da habitación de Andy, pero os demais xoguetes descobren o que fixo. Andy vai coa súa familia a comer pizza e leva a Woody, xa que Buzz non estaba. Buzz, quen seguira o automóbil, ataca a Woody e os dous quedan abandonados nunha estación. Woody e Buzz chegan ó lugar onde Andy ía ir, pero son atopados por Sid, veciño de Andy. Sid é coñecido por torturar a xoguetes e entregalos ó seu can para que os morda. Os dous esquecen as súas diferenzas para poder escapar da casa de Sid.
É Nadal e os xoguetes están novamente atentos ós agasallos de Andy, entre os que se encontran unha muller con faciana de pataca e un cachorro.
Premios [editar]
- 1995
- LAFCA - Best Animation
- 1996
- Annie
- Best Animated Feature
- Best Individual Achievement: Animation
- Best Individual Achievement: Directing
- Best Individual Achievement: Music
- Best Individual Achievement: Producing
- Best Individual Achievement: Production Design
- Best Individual Achievement: Technical Achievement
- Best Individual Achievement: Writing
- ASCAP - Top Box Office Films
- CFCA - Best Original Score
- Golden Reel - Best Sound Editing - Animated Feature
- KCFCC - Best Animated Film
- PGA Golden Laurel - Special Award of Merit
- Universe Reader's Choice - Best Fantasy Film
- Young Artist
- Best Family Feature - Musical or Comedy
- Best Performance by a Young Actress - Voiceover Role
- Annie
Curiosidades [editar]
- Nunha escena da película Finding Nemo pódese ver un boneco de Buzz Lightyear no piso da consulta do dentista.
- A bomba de gasolina na que Woody e Buzz caen do auto é da empresa Dinoco, a que reaparece en Cars como a auspiciadora que o Raio McQueen quere conseguir.
- As diferentes versións das distribucións de Debian levan cada unha o nome en clave dun personaxe de Toy Story. Así, a versión 3.0 chamouse Woody, seguindo ata a última (2007) chamada "Etch" (pola pizarra), mentres que a versión inestable ou en desenvolvemento chámase "Sid".
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||||||||||||||||||||||||||||