Torre de Santa Cruz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Torre de Santa Cruz
ConcelloOleiros
ProvinciaA Coruña
ComunidadeGalicia
Coordenadas43°20′48″N 8°20′36″O / 43.346666666667, -8.3433333333333Coordenadas: 43°20′48″N 8°20′36″O / 43.346666666667, -8.3433333333333
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal(-)
Estilo actual(Restaurado e reformado no século XX)
Estado actualEn bo estado
Véxase tamén
Pazos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

A Torre de Santa Cruz, tamén coñecida cos nomes de Torre de Coruxo[1] ou Pazo de Coruxo[2] é un pazo situado no lugar de Coruxo de Abaixo, na parroquia de Santaia de Liáns (concello de Oleiros). O 17 de outubro de 1994 foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC)[3].

Descrición[editar | editar a fonte]

O edificio está formado por varias torres ameadas con perpiaños de granito. Ten os muros recebados, con perpiaños á vista nas esquinas e nos vans[2].

No xardín pódese salientar a presenza dun ombú catalogado na lista de árbores senlleiras de Galicia[4].

Historia[editar | editar a fonte]

A orixe do pazo remóntase ao século XVII e está ligada a unha liñaxe oriúnda da mesma parroquia de Liáns, apelidada Freyre de Moscoso ou Freyre de Somorrostro[5]. Xa a finais do século XVIII, a torre de Coruxo foi adquirida e reedificada por don Martín de Torres Moreno, cabaleiro de Santiago, orixinario de Tierra de Cameros (A Rioxa) e descendente da familia nobiliaria do Solar de Tejada. Martín de Torres Moreno fundou na Coruña unha casa de comercio e banca. Os seus descendentes pasaron a ser parte da elite acomodada coruñesa que posuía quintas de recreo nas parroquias próximas á cidade, na liña do que acontecía con Marcial del Adalid e Francisca Herrera Garrido no veciño pazo de Lóngora ou Emilia Pardo Bazán e Xosé Quiroga tanto no castelo de Santa Cruz como no pazo de Meirás.[6].

O seu bisneto, Fernando Torres Calderón, morreu sen descendencia, de xeito que a propiedade foi incautada polo réxime franquista e pasou ás mans da Sección Femenina falanxista. Este organismo fixo unha profunda reforma do edificio para dedicalo á organización de campamentos de verán[7].

Coa morte do xeneral Franco, o movemento veciñal reclamou o uso do predio, longamente abandonado, para a creación dunha escola pública. En 1981 abríronse as primeiras cinco aulas do Colexio Público As Torres, que foi a orixe do CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal, inaugurado en 1987 pola Xunta de Galicia nuns terreos contiguos cedidos polo Concello[7].

Dado que o edificio quedara liberado dos seus usos educativos, o Concello de Oleiros reformouno en 1992 e creou o Centro Cultural As Torres, conformado polo Teatro Municipal As Torres[8], a Biblioteca Municipal e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" [9] e mais o Museo Os Oleiros "José María Kaydeda"[10].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha da Torre de Coruxo na base de datos de bens inmobles do Patrimonio Cultural, na web do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España (en castelán).
  2. 2,0 2,1 Pazo de Coruxo, na páxina web da Asociación Española de Amigos de los Castillos (en castelán).
  3. Observatorio Virtual do Patrimonio de Galicia, páxina web da [Universidade de Santiago] (en galego).
  4. Listaxe de árbores e formacións senlleiras, dispoñible na páxina web de Árbores Senlleiras da Dirección Xeral de Conservación da Natureza (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas), onde o ombú aparece co código 67A (en galego).
  5. Concello de Oleiros (2007). A herdanza do pobo (PDF). p. 38. Consultado o 9 de xuño de 2017. (...) as súas orixes datan do século XVII vencelladas a unha familia de liñaxe, oriúnda de Liáns, apelidada Freyre de Moscoso ou Somorrostro (...) 
  6. Queipo Gutiérrez, Carolina (2013). Universidad de La Rioja, ed. "La música insonora del Fondo Adalid o la invisibilidad de la práctica musical doméstica masculina de la élite durante la Restauración". BROCAR, Cuadernos de Investigación Histórica (37): páxina 70. Consultado o 01 de maio de 2014.  (en castelán)
  7. 7,0 7,1 "Cuando Oleiros tomó la Bastilla", artigo en La Opinión (en castelán).
  8. Teatro Municipal As Torres na web do Concello de Oleiros (en galego).
  9. Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" na web da Rede de Bibliotecas Municipais de Oleiros (en galego).
  10. Museo Os Oleiros Arquivado 02 de maio de 2014 en Wayback Machine. na web de turismo do Concello de Oleiros (en galego).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Martínez Barbeito, C. (1978). Deputación Provincial da Coruña, ed. Torres, pazos y linajes de la provincia de La Coruña. pp. 148–149. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Postal antiga en que se aprecian parcialmente os torreóns e o aspecto que tiña a Torre antes da reforma levada a cabo pola Sección Femenina. A foto leva o texto 17. La Coruña. Santa Cruz. Castillo Torres Moreno.