Sección Femenina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pilar Primo de Rivera (segunda pola dereita), participando nunha reunión na Alemaña nazi (1941).

A Sección Femenina fai referencia á institución creada en 1934,[1] durante a Segunda república española, e que acadaría unha gran relevancia coa transformación do Estado Español nun réxime ditatorial de corte fascista. En xullo de 1936, tiña unhas 2.500 afiliadas[2] e cara ao final do franquismo, en 1973, contaba con 279 697 militantes.[3]

Orixe[editar | editar a fonte]

Era a rama feminina de Falange Española, que foi dirixida dende a súa constitución por Pilar Primo de Rivera, filla do ditador Miguel Primo de Rivera e irmá de José Antonio Primo de Rivera, fundador da Falange. Compartía tanto os ideais coma a estética con este partido de corte fascista. As figuras de Isabel a Católica e Tareixa de Ávila foron os símbolos escollidos en representación da institución.

A principal dirixente de Galicia foi María Victoria Eiroa.

Características[editar | editar a fonte]

Tiña como finalidade a beneficencia social, destinada principalmente, aínda que non unicamente, á muller. Estaba organizada en diferentes rexidurias repartidas polo país. Dentro do seu labor social destaca: a atención médica, coidado de anciáns, garderías, centros para discapacitados tanto físicos como mentais... a reconstrución do patrimonio histórico como o Castelo de La Mota; formación de caravanas para asistir ás zonas rurais...

A súa patroa era Tareixa de Ávila motivo polo cal a revista da sección feminina chamouse Teresa.

Ao igual que o Auxilio Social e a Igrexa Católica, a Sección Femenina tamén xogou un papel fundamental na reeducación e formación cristiá de nenos e mulleres, poñendo de relevo os valores patrióticos e cristiáns, e avogando polo sometemento da muller á figura do home, como quedou indicado por Pilar Primo de Rivera no V Consello Nacional celebrado en Barcelona en 1941:

As Seccións Femininas respecto aos seus xefes, teñen que ter unha actitude de obediencia e subordinación absoluta. Como é sempre o papel da muller na vida, de submisión ao home.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]