Toluca de Lerdo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xardín botánico de Toluca.

Toluca é un concello e capital do Estado de México, ubícase no centro do país. A súa capital é a cidade metropolitana de Toluca de Lerdo, viziñanzas cos concellos de Zinacantepec, Metepec, Lerma e San Mateo Atenco. O Val de Toluca é de primeira importancia xa que é un centro industrial, comercial e de servizos moi importante no altiplano central de México.

Como concello, Toluca é o quinto máis poboado do estado, logo de Ecatepec, Tlalnepantla, Naucalpan e Nezahualcóyotl respectivamente, os cales forman parte da zona metropolitana do Val de México. As comunicacións cara o oriente están formadas por modernas estradas que o unen o Val de México, conformado polo Distrito Federal e a súa zona metropolitana ou conurbada, que é o principal complexo urbano do país.

Toluca está situada a 2.668 m sobre o nivel do mar, o face temprada durante todo o ano co temperaturas que oscilan no promedio de 2 a 22 °C durante o verán e de -2 a 18 °C no inverno. O seu clima moderado faino propicio para todo tipo de actividades de escola e oficina. A súa altitude favorece tamén a práctica de deportes de alto rendimento polas fragas e sendas do Nevado de Toluca.