Tigre siberiano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tigre siberiano
Macho adulto no zoo de Leipzig.
Macho adulto no zoo de Leipzig.
Estado de conservación
En perigo
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Familia: Felidae
Xénero: 'Panthera'
Especie: 'P. tigris'
Subespecie: P. tigris altaica
Nome trinomial
Panthera tigris altaica
Temminck, 1884
Mapa de distribución do tigre siberiano

Mapa de distribución do tigre siberiano

O tigre siberiano (Panthera tigris altaica), tamén coñecido como tigre de Amur, é unha subespecie de tigre que habita principalmente nos bosques de folla perenne do extremo sueste de Siberia e a fronteira entre Rusia e China marcada polo río Amur.

No 2005, estimábase unha poboación de tigre siberiano que oscilaba entre os 331 e os 393 individuos adultos e subadultos na rexión, cunha poboación en idade reprodutora de 250 tigres. O número destes félidos mantívose estábel por máis dunha década grazas a un intenso esforzo de conservación, mais estudos realizados após do 2005 indican que a poboación do territorio ruso está decaendo.

Por outra banda, o tigre siberiano é o meirande das subespecies de tigre, así como tamén o maior félido existente.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mazák, V. (1981) Panthera tigris. Mammalian Species 152: 1–8.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Tigre siberiano
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Tigre siberiano

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]