John Maynard Keynes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Europa Occidental
John Maynard Keynes.jpg
John Maynard Keynes en 1946.

Nome

John Maynard Keynes

Nacemento

5 de xuño de 1883
Cambridge, Inglaterra Inglaterra

Morte

21 de abril de 1946
Firle, Inglaterra Inglaterra

Filosofía

Capitalismo

Principais intereses

Economía, Política, Probabilidade.

Ideas salientables

Macroeconomía, Keynesianismo.

John Maynard Keynes, nado en Cambridge o 5 de xuño de 1883 e finado en Firle o 21 de abril de 1946, foi un economista inglés, que se constituíu como unha das figuras esenciais no pensamento e na política económica do século XX, especialmente a partir da Gran Depresión dos anos trinta. Propugnaba o intervencionismo do estado na economía mediante medidas fiscais e monetarias que mitigaran o efecto tanto das etapas de recesión coma das etapas de crecemento descontrolado (booms). Para moitos Keynes é o fundador da macroeconomía moderna.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado nunha familia acomodada, recibiu unha privilexiada educación na Universidade de Cambridge, na que entrou para estudar matemáticas, pero as súas inquedanzas acabarían dirixíndoo cara á titulación de Económicas. Tras unhas oposicións nas que remataría segundo, obtivo un posto na Oficina da India, e posteriormente obtería unha cátedra en Económicas en Cambridge que foi creada por Alfred Marshall. Dende ela comezaría a construír a súa reputación como economista.

Antes da Primeira Guerra Mundial comezou a colaborar co Tesouro Británico, e tralo remate sería o seu representante na Conferencia de Versalles de 1919, na cal se aprobarían cuantiosas indemnizacións que tería que pagar o bando perdedor, especialmente Alemaña. Keynes oporíase frontalmente a estas indemnizacións nas súas obras "As Consecuencias Económicas da Paz" e "Unha Revisión do Tratado". Son obras que teñen un gran valor, xa que as súas previsións sobre a espiral inflacionista e o incremento dos problemas sociais en Alemaña cumpríronse ó pe da letra, levando a este país a unha crise que desembocaría na chegada ó poder de Adolf Hitler en 1933.

Nos anos 20 publicou obras como o Tratado sobre a Probabilidade ou o Tratado sobre o diñeiro, pero sería xa nos anos trinta (1936), en plena Gran Depresión, cando desafíe o paradigma económico existente ata entón coa publicación da súa obra fundamental: a Teoría xeral da ocupación, o xuro e o diñeiro.

Nesta obra, e tomando como base a demanda agregada, Keynes tenta explicar as variacións do nivel medio de actividade económica desta convulsa época. Partindo de que a renda dun país vai vir dada polo consumo e o investimento, Keynes defende que a única saída a unha recesión, na cal os factores produtivos están infrautilizados (desemprego, exceso de capacidade produtiva) debe ser incrementar primeiro os niveis de consumo e de investimento. E é por iso polo que afirma que o estado debería intervir mediante gasto público como un impulsor da recuperación económica. Moitos estados, baseándose nas teorías keynesianas, comezan a elaborar ambiciosos programas de obras públicas, e os orzamentos públicos experimentan nesta época importantes incrementos.

Cabe destacar de xeito moi especial a enorme influencia que tivo a obra de Keynes no New Deal, conxunto de políticas levadas a cabo polo presidente dos Estados Unidos Franklin Roosevelt que se cre que foron fundamentais para saír da Gran Depresión (aínda que hai opinións encontradas sobre isto).

Publicou Como pagar a guerra en 1940, tralo comezo da Segunda Guerra Mundial, obra na que se amosaba favorable a unha suba dos impostos e contrario a un incremento do déficite.

Tralo conflito, participou de xeito activo na Conferencia Breton-Woods de 1944, presentando o denominado Plano Keynes, que propón a creación dun sistema monetario internacional regulamentado por un organismo que coordine a actividade dos bancos centrais. A meirande parte das súas propostas, dun ou doutro xeito, remataron por concretarse, aínda que nalgúns casos atenuadas polas propostas menos radicais de Harry Dexter White.

Keynes, que tiña problemas cardíacos, finou tras sufrir un infarto. Catro anos antes recibira o título nobiliario de Barón da localidade de Firle, onde faleceu.

Influencia e crítica[editar | editar a fonte]

A súa influencia é tal que é considerado o economista máis importante do século XX, e o keynesianismo é unha parte esencial no estudo da macroeconomía. O seu principal crítico e outro importante economista, Milton Friedman, que afirma que as súas teorías víronse superadas polos problemas económicos dos anos setenta, nos que a combinación de inflación e o desemprego (estanflación) puxo en tela de xuízo moitas das afirmacións de Keynes

Obras[editar | editar a fonte]

As principais obras de Keynes son:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: John Maynard Keynes
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: John Maynard Keynes

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]