Taylor Lautner
| Taylor Lautner | |
|---|---|
Lautner na estrea The Twilight Saga: Breaking Dawn – Part 2 en novembro de 2012. |
|
| Nacemento | Taylor Daniel Lautner 11 de febreiro de 1992 Grand Rapids, Michigan, |
| Profesión | Actor, actor de dobraxe e modelo (2001–presente) |
| Ficha na IMDb | |
Taylor Daniel Lautner, nado o 11 de febreiro de 1992 en Grand Rapids, Míchigan, estado de Míchigan, é un actor estadounidense e experto en artes marciais que participou en filmes como The Adventures of Sharkboy and Lavagirl in 3-D, Cheaper by the Dozen 2 (con Steve Martin) ou Twilight.
Índice |
Biografía [editar]
Comezos e artes marciais [editar]
Taylor naceu en Grand Rapids (Míchigan), fillo de Dan e Deborah Lautner. Ten raíces francesas, alemás e neerlandesas, e tamén parte de indio americano pola rama materna (máis especificamente, das tribos Potawatomi e Ottawa). Lautner comezou a estudar Karate desde aos 3 ou 4 anos, adestrando en Fabiano´s Karate School, en Holland, Michigan. No ano seguinte comezou a gañar campionatos, sendo convidado a se adestrar co sete veces campión do mundo de karate, Michael Chaturantabut. Ós oito anos, foi seleccionado para representar o seu país na World Karate Association, onde gañou tres medallas de ouro na modalidade Junior World and Weapons.
Taylor comezou a súa carreira de actor despois de que o seu adestrador de artes marciais o persuadira para que acudira a un cásting nos Ánxeles. Aínda que ao cabo non o elixiron, gozou tanto da experiencia que decidiu continuar coa carreira da actuación. Deseguido, xunto coa familia trasladouse desde Míchigan ata California a fin de poder acudir a máis cástings. Aos 10 anos, a súa familia instalouse definitivamente nos Ánxeles para apoialo na súa carreira de actor a tempo completo. Tamén seguiu desenvolvendo a súa afección pola artes marciais e no 2003, con só 11 anos, situouse como número un no mundo do NASKA's Black Belt Open Forms, Musical Weapons, Traditional Weapons y Traditional Forms, e a idade de 12 anos, gañou o Campionato do Mundo Junior de Artes Marciais.
Faceta de actor [editar]
No 2005, á idade de trece anos, encarnou no papel de Sharkboy na película de Robert Rodríguez The Adventures of Sharkboy and Lavagirl in 3-D. Tamén interpretou o papel de Elliot Murtaugh, o fillo do rival dos Baker, na película Cheaper by the Dozen 2, xunto con Steve Martin e Hilary Duff.
No 2008 foi elixido para o papel de Jacob Black, un licántropo con sangue nativo-americano, personaxe da saga literaria Twilight, de Stephenie Meyer. Taylor continuou encarnando a Jacob Black para as seguinte secuelas dos libros de Meyer, logrando así un papel máis protagonista. Lautner fixo tamén o papel de Jack Spivey, o fillo do protagonista da serie televisiva My Own Worst Enemy, xunto a Christian Slater. Porén, a serie foi cancelada no seu noveno episodio por non ter suficiente audiencia.
Filmografía [editar]
Cine [editar]
| Ano | Título | Papel | Notas |
|---|---|---|---|
| 2001 | Shadow Fury | Kismet de neno | |
| 2005 | The Adventures of Sharkboy and Lavagirl in 3-D | Sharkboy | |
| 2005 | Cheaper by the Dozen 2 | Elliot Murtaugh | |
| 2008 | Twilight | Jacob Black | |
| 2009 | The Twilight Saga: New Moon | Jacob Black | |
| 2010 | Valentine's Day | Willy Harrinton | |
| 2010 | The Twilight Saga: Eclipse | Jacob Black | |
| 2011 | Abduction | Nathan | |
| 2011 | The Twilight Saga: Breaking Dawn – Part 1 | Jacob Black | |
| 2012 | The Twilight Saga: Breaking Dawn – Part 2 | Jacob Black | |
| 2013 | Grown Ups 2 | Andy |
Televisión [editar]
| Ano | Título | Papel | Notas |
|---|---|---|---|
| 2003 | The Bernie Mac Show | Aaron | 2 episodios |
| 2004 | My Wife and Kids | Tyrone | 1 episodio |
| 2004 | Summerland | Rapaz na praia | |
| 2005 | Danny Phantom | Youngblood (voz) | 3 episodios |
| 2005 | Duck Dodgers | Reggie Wasserstein/Terrible Obnoxious Boy (voice) | 2 episodes |
| 2005 | What's New, Scooby-Doo? | Dennis/Ned (voz) | 2 episodios |
| 2006 | Love, Inc. | Oliver | |
| 2006 | He's a Bully, Charlie Brown | Joe Agate (voz) | Especial de TV |
| 2008 | My Own Worst Enemy | Jack Spivey |
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)