Tao Te Ching

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tao Te King, edición Wang Bi , Xapón 1770

O Tao Te King ou Tao Te Ching (en pinyin Dao De Jing, 道德经,) é un libro clásico chinés que, segundo a tradición, foi escrito por Lao Zi (o sabio fundador do taoísmo) contra o século VI a.C. Esta colección de aforismos poéticos está dividida en 81 capítulos que tratan nocións importantes do pensamento chinés antigo, como o «Non-facer», o «Camiño» (Tao), o regreso, etc.

O seu título pódese traducir como O Clásico do Camiño e da súa Virtude.

Este libro ten o mérito de que tivo unha influencia moi considerábel na civilización oriental e comeza a ser coñecido en Occidente, a través das súas numerosas traducións. O Tao Te Ching ten aplicacións en ramas tan variadas como a filosofía, a relixión, a arte, a medicina, as artes marciais e as prácticas sexuais.

Orixes[editar | editar a fonte]

Como a maior parte das figuras mitolóxicas dos fundadores de relixións , a vida do escritor do Tao Te Ching , Lao Zi está envolta en lendas. Segundo a tradición, Lao Zi naceu no sur da China arredor de 604 a.C sendo superintendente xudicial dos arquivos imperiais en Loyang, capital do estado de Ch'u. Desgustado polas intrigas da vida na corte, Lao Zi decidiu afastarse da sociedade, indo para as Terras do Oeste. Montado nunha carroza guiada por un boi ,seguiu viaxe, mais ao atravesar a fronteira, un dos seus amigos, o policía Yin-hsi, recoñeceuno e pediulle que escribise os seus ensinos antes de partir. Lao Zi entón escribiu o pequeno libro coñecido posteriormente como o Tao Te Ching , e partiu deseguida. Segundo a historia, morreu en 517 a.C.

Os máis recentes estudos apuntan a que o Tao Te Ching foi escrito por Lao Zi entre 460 a.C. e 380 a.C. Algunhas lendas din que o Tao Te Ching estaba gravado nunha serie de regras de bambú. O texto ía pasando dunha regra para outra e, como entrementres se barallaron, ninguén sabe hoxe a súa orde exacta.

Este libro non orixinou o Taoísmo nin o concepto de Tao pois xa eran de uso corrente antes da escrita do libro. Mais serviu como obra de apoio para as relixións que adherían á idea do Tao (Camiño) como a base da existencia de todas as cousas.

Interpretación[editar | editar a fonte]

Lao Tzu atopa Yin Xi, o gardián do portón do Tibet.

As diversas correntes do pensamento relixioso e filosófico a través dos tempos atribuíron millares de interpretacións diferentes ao sentido do Tao Te Ching. Porén, o tema principal do libro localízase no seu primeiro proverbio: "O Tao que pode ser dito non é o Tao Verdadeiro". O Tao Te Ching sitúa a orixe de todas as cousas no Tao (camiño , carreiro) que, lonxe do concepto de Deus nas relixións deístas, é un principio inimaxinábel, inenarrábel, eterno e absoluto, que non pode ser comprendido, xa que calquera tentativa de clasificalo cría unha dicotomía que non pode existir en algo Eterno e Absoluto.

Xa que o Tao non pode ser comprendido, o Tao Te Ching subliña que non existen medios de manipulalo. Polo tanto, os seres deben vivir unha vida simple, sen grandes cuestionamentos morais ou filosóficos, onde se enfatice o "non-actuar" (a "non-acción",wu wei,無為 ), isto é, deixarse guiar polo curso natural e lóxico dos eventos do universo. O home que seguir este principio acaba liberto das vicisitudes da vida, e tórnase o "Home Santo" celebrado no Taoísmo. Varios estudosos taoístas (Anton Teplyy e Daniel Reid, entre outros) sinalan que a non-acción refírese á quietude da mente e do corpo, implicando a detención do fluxo dos pensamentos, isto é, equivale a meditación.

Cosmogonía no Tao Te Ching[editar | editar a fonte]

As ideas cosmogónicas e metafísicas do Tao Te Ching de acordo con algunhas ramificacións do taoísmo poden ser definidos da seguinte forma:

  • Todo nace do baleiro indiferenciado, inmensurábel, insondábel, que nunca pode ser exhausto: «o Tao sen nome», que se move en torno de si mesmo sen parar. Deste «Tao sen nome» (que non existe) nace o que existe (e ten nome): O Camiño (Tao). Non vemos o Tao como Un por causa dos nomes con que designamos o que vemos cos nosos sentidos - as «dez mil cousas» (O carácter chinés que significa «dez mil» Tenthousandchinese.jpg úsase, como tamén no grego, para significar unha miríade, ou sexa, un número grande e indefinido) É co aparecemento dos nomes cando aparecen todas as cousas e o Un transfórmase en moitos.
  • A Virtude (Te) é a manifestación do Tao a través da súa misteriosa operación: o chamado «actuar sen actuar» - a acción involuntaria que caracteriza a natureza das cousas - «O modo de Camiñar».
Yin yang.svg
Escrituras Sagradas
taoístas
Canon taoísta
O Libro do Camiño e da súa Virtude
Libro do Mestre Lie
Mestre Zhuang
Libro das Mutacións
  • A partir destas ideas cosmogónicas e metafísicas. Lao Zi deduce un sistema de moral e regras de conduta que ten por obxectivo conformar as accións humanas coa orde natural do Universo. O Home naceu do Tao, pero despois comezou a desviarse dos seus atributos, ou sexa, perdeu a Virtude - o saber como Camiñar. É unha caída que lembra a caída que se seguiu á expulsión de Adán e Eva do Paraíso, segundo a Biblia. O Camiño do Tao é o camiño de volta ao estado de graza en harmonía co Tao (o chamado «regreso precoz»).
  • Tao é normalmente traducido como Camiño ou Vía. Pero só por parecer ser «o mellor que se puido arranxar». De feito, o camiño non se distingue do camiñante ou do camiñar. Non hai criador. O universo (o Ceo e a Terra) apareceu (e aparece continuamente) a partir do Tao primordial. O que existe aparece do que non existía antes e é eterno. O universo é como un organismo vivo resultante da expansión vitalizada do Tao (a orde natural, a providencia). O Tao maniféstase continuamente no fluxo e refluxo constante de todas as cousas que existen e que se criaron pola súa actividade.
  • O Tao non ten personalidade. O que vitaliza o universo son dous principios ou substancias que combinados son o Tao: o yang (luz, calor, creativo, masculino) - que existe especialmente concentrado no Ceo - e o yin (sombra, frío, receptivo, feminino) - que existe especialmente concentrado na Terra.
  • Varios filósofos taoístas chineses entenden os versículos que expoñen as ideas cosmogónicas sobre o inicio do universo como sendo, de feito ou tamén, a descrición do modo como a consciencia da realidade externa emerxe na nosa mente.

Cando vemos unha cor ou ouvimos un son, hai un momento breve inicial en que o noso cerebro aínda non fixo un xuízo sobre a nosa percepción; non sabemos aínda que son ou cor é, nin sequera temos aínda unha consciencia clara que estamos a ouvir ou ver algunha cousa. Estamos no dominio «do sen nome», do baleiro indiferenciado que nunca pode ser exhausto ou descrito. Despois, cando emerxe a consciencia e o pensamento, que ten por base a linguaxe, pasamos ao dominio «do que ten nome» e vemos entón todas cousas diferenciadas, cada unha co seu nome. Co aparecemento dos nomes, aparecen todas as cousas e o Un transfórmase en moitos.

En termos mentais, o Camiño do Tao é o camiño de volta a ese breve «estado de graza» inicial. Un estado en que calquera traballo mental interior elimínase e en que regresamos á nosa espontaneidade natural. As prácticas dos Budismos Chan e Zen, que tiveron a súa orixe nas ideas taoístas, teñen como obxectivo exactamente atinxir ese estado mental primordial de fusión paradoxal co Un.

Traducións[editar | editar a fonte]

Existen diversas traducións deste texto, que diferen moito entre si debido ás diferentes interpretacións posíbeis do texto e a dificuldade inherente de se traducir un texto en chinés. Algúns exemplos poden ser encontrados en:

Existe aínda unha tradución feita polo Prof. Mário Bruno Sproviero, do Departamento de Letras Orientais da USP, intitulada Escritos do Curso e Sua Virtude, única feita directamente do chinés para o portugués.