Lie Zi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Yin yang.svg
Escrituras Sagradas
taoístas
Canon taoísta
O Libro do Camiño e da súa Virtude
Libro do Mestre Lie
Mestre Zhuang
Libro das Mutacións

O Liezi (chinés: 列子; pinyin: Liè Zĭ; Wade-Giles: Lieh Tzu) é unha das tres obras fundamentais do taoísmo filosófico, xunto coas máis coñecidas de Laozi e Zhuangzi. É atribuído a Lie Yukou, a quen se considera un personaxe lendario.

O texto foi inscrito na librería imperial co nome de Tratado da Perfecta Vacuidade. Xeralmente é considerada a máis práctica das obras taoístas principais, fronte ao máis filósofico Dao De Jing ou ao máis poético Zhuangzi.