Steven Seagal
| Os títulos de obras literarias, musicais, filmes etc., contidos neste artigo, deberían aparecer na súa forma orixinal, a non ser que exista versión en galego (consulte a base de datos de libros editados en España ou a lista de filmes con versión en galego). Colabore connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
| Steven Seagal | |
|---|---|
Steven Seagal no 2007 |
|
| Nacemento | 10 de abril de 1951[1] Lansing, Michigan, |
| Profesión | Actor, produtor, artista marcial, músico, axudante de sheriff, escritor |
| Cónxuxe(s) | Miyako Fujitani (1975–1986) Adrienne La Russa (1984–1987) Kelly LeBrock(1987–1996) |
| Ficha na IMDb | |
Steven Seagal, nado en Lansing (Michigan) o 10 de abril de 1951, é un actor de cine de acción estadounidense e especialista en artes marciais, cinto negro 7º dan en Aikido.
Índice |
Traxectoria [editar]
É fillo de pai xudeu e nai irlandesa católica, na súa xuventude mudáronse a Fullerton, California e empezou a estudiar artes marciais da man do famoso mestre de aikido Fumio Demura. O final da súa adolescencia, Seagal forma parte do Equipo de Demostración de Karate de Demura, e fai demostración diarias no Japanese Deer Park, un parque de atraccions no sur de California. Cando tiña dezanove anos Seagal mudouse o Xapón para continuar o seu estudo de artes marciais.
En Xapón Seagal adestrou con varios mestres como Hiroshi Isoyama e Seiseki Abe, obtendo o cinto negro 7º dan en aikikai, e casou cunha estudante de Abe Sensei, Miyako Fujitani. Abra o Dojo Tenshin coa familia de Fujitani onde Seagal converteuse no primeiro estranxeiro en gañar as credenciais de mestre e ensinar aikido en Xapón. Despois do seu retorno os Estados Unidos, Seagal abriu o Tenshin Bugei Gakuen no 1982, seguidor do Dojo no que ensinou en Xapón.
A primeira aparición de Seagal na industria do cine produciuse cando foi contratado como coordinador de especialistas na película de 1982 The Challenge, protagonizada por Toshiro Mifune. En 1983 Seagal volve ós Estados Unidos, unha década despois de marchar, para tentar unha carreira no mundo do cine. En 1984, casa coa súa segunda esposa, a actriz Adrienne La Russa, cando aínda non estaba divorciado da súa primeira esposa. O seu terceiro matrimonio foi coa actriz Kelly LeBrock, a quen coñeceu cando foi contratado para ser o seu gardacostas.
A carreira de Steven Seagal como actor despegou cando Michael Ovitz, presidente dunha das axencias de talentos máis fortes de Hollywood, Creative Artists Agency (CAA), foi o Estudo de Aikido de Seagal en Burbank, California e converteuse no seu estudiante. Despois disto, a carreira de actor de Seagal despegou e fíxose coñecido polos seus papeis en películas de artes marciais.
Seagal produciu moitas das películas que protagonizou, e tamén participou no guión e a dirección. Os papeis de Seagal non coinciden co arquetipo de heroe de acción. Os personaxes que interpreta a cotío son perfectos, sen limitacións e con pouco desenvolvemento do personaxe.
Nos últimos anos, con películas como Las Entrañas de la Bestia e Al Filo de la Muerte, Seagal especializouse en películas destinadas ao mercado de vídeo. A súa estrea en cines mais recente foi Herida Abierta no ano 2001.
Filmografía [editar]
As películas levan o título co cal foron estreadas en Galicia.
- Por derriba da lei (Above the Law. aka "Nico") (1988)
- Duro De Matar (Hard to Kill) (1990)
- Señalado Por La Muerte (Marked for Death) (1990)
- Buscando Justicia (Out for Justice) (1991)
- Alerta Máxima (Under Siege) (1992)
- En terra perigosa (On Deadly Ground) (1994)
- Alerta Máxima 2 (Under Siege 2: Dark Territory) (1995)
- Decisión crítica (Executive Decision) (1996)
- Glimmer Man (The Glimmer Man) (1996)
- En terra perigosa 2 (Fire Down Below) (1997)
- El Patriota (The Patriot) (1998)
- El Principe De Central Park (The Prince of Central Park) (2000) Produtor
- Herida Abierta (Exit Wounds) (2001)
- Tiempo Límite (Ticker) (2001)
- Al Filo De La Muerte (Half Past Dead) (2002)
- El Extranjero (The Foreigner) (2003)
- Vinganza cega (Out for a Kill) (2003)
- As entrañas da besta (Belly of the Beast) (2003)
- Fuera De Contacto (Out of Reach) (2004)
- Clementine (2004)
- Yakuza: El Imperio Del Sol Naciente (Into the Sun) (2005)
- Sumergido: Alerta Total (Submerged) (2005)
- Hoy Morirás (Today You Die) (2005)
- Black Dawn (2005)
- Mercenary (2005)-Mercenary for Justice (2006)
- Shadow Man (2006)
- Attack Force (2006)
- Flight of Fury (2007)
- Urban Justice (2007)
- Pistol Whipped (2008)
- The Onion Movie (2008)
- Kill Switch (2008)
- Against the Dark (2009)
- Driven to Kill (2009)
- The Keeper (2009)
- A Dangerous Man (2009)
- Machete (2010)
- Born to Raise Hell (2010)
Discografía [editar]
- 2005: Songs from the Crystal Cave
- 2006: Mojo Priest
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina oficial de Steven Seagal (en inglés)
- Steven Seagal na IMDb (en inglés).