Toshiro Mifune

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.
Toshiro Mifune

Toshirō Mifune (三船敏郎), nado en Tsingtao (Taiwán) o 1 de abril do 1920 e finado en Toquio o 24 de decembro do 1997, foi un actor xaponés, famoso polas súas interpretacións en varias obras de Akira Kurosawa.

Biografía[editar | editar a fonte]

Nado en China, alí realizou os seus primeiros estudos para logo traballar de fotógrafo en Shangai e pasar cinco anos no exército de Manchukuo (Gran Imperio de Manchuria). Volveu ao Xapón no 1946, onde empezou a traballar coa Tōhō, contratado para unha película de Kajirō Yamamoto (A idade nova dos tolos).

Pouco despois empezou a súa colaboración con Kurosawa. Protagonizou 16 películas do director, dende Drunken angel (1948) ata Red Beard (1965). Neste período, só To live (1952) non o tivo de intérprete. Pero foi Os sete samurais (1954) a película que o catapultou á fama.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • El ángel ebrio (2002). Filmax Home Video.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]