Stefan Schumacher

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Stefan Schumacher
Stefan Schumacher 2006.jpg
Informacións
Nome Stefan
Apelido Schumacher
Data de nacemento 21 de xullo de 1981
País Alemaña Alemaña
Equipo
Último equipo Gerolsteiner
Equipo(s) Pro
2002-2003
2004
2005
2006
Deutsche Telekom
Lamonta
Shimano-Memory Corp
Gerolsteiner
Principais vitorias

Stefan Schumacher, nado o 21 de xullo de 1981 en Ostfildern, é un ciclista alemán.

Índice

Carreira deportiva [editar]

Stefan Schumacher debutou profesionalmente no ciclismo en 2002, no equipo ciclista Deutsche Telekom. En 2003 ficha polo Lamonta[1]. En 2004 consegue a primeira vitoria como profesional ao gañar unha tirada da Volta a Baviera, e ese mesmo ano consegue o subcampionato alemán de ciclismo en estrada e é seleccionado dentro do equipo alemán para os mundiais de Verona. Ficha entón polo Shimano[2], e consegue na primavera de 2005 as vitorias na Volta á Baixa Saxonia e na Volta á Renania-Palatinado. Pero nunha das tiradas desta proba fáiselle un control antidopaxe e atópanlle catina, ao parecer procedente dun medicamento que lle receitara a súa nai para combater a alerxia ao pole[3]. Despois duns meses sen poder conseguir, asina un contrato co equipo Gerolsteiner[4].

En 2006 vence en dúas tiradas do Giro de Italia, e leva por dous días o mailló rosa de líder provisional. Nas grandes probas alterna bos resultados nos espríns con grandes performances nas contrarreloxos. Vence ese mesmo ano, na última tirada, e por un segundo, a Volta ao Benelux, despois de derrubar accidentalmente o líder, o francés George Hincapie, preto da chegada[5]. Meses despois consegue a vitoria na Volta a Polonia e vence ademais en dúas tiradas.

En 2007 compite en varias probas medianas con éxito, e obtén a vitoria na clásica Amstel Gold Race. Vence na Volta a Baviera e logo nese ano fai o seu primeiro Tour de Francia, sen demasiado éxito, perdendo moito tempo na montaña, e remata 89º. Participa na Volta a España e abandónaa antes de rematar para participar nos mundiais de Stuttgart, onde consegue a medalla de bronce[6]. Algúns días despois de colleitar ese éxito, a Federación Alemá de Ciclismo anuncia que detectou, uns días antes dos mundiais, unha taxa de hematocrito demasiado elevado no seu sangue, que foi atribuído a unha diarrea[7]. Aínda que a Unión Ciclista Internacional lle dá a razón, eses mesmos días ten un accidente de coche e no control de alcolemia policial posterior atópaselle unha taxa de alcol ilegal para conducir e a presenza de anfetaminas[8], se ben como era en época de non competición non foi considerado dopaxe.

En 2008 vence nas dúas contrarreloxos do Tour, desputada a primeira delas en Cholet e a segunda con chegada en Saint-Amand-Montrond.

Notas [editar]

  1. «More riders for Lamonta», Cyclingnews.com, 24/11/2003.
  2. «Shimano gets Schumacher», Cyclingnews.com, 10/12/2004.
  3. «  Schumacher acquitted », Cyclingnews.com, 15/9/2005.
  4. « Schumacher to Gerolsteiner for three years », Cyclingnews.com, 3/11/2005.
  5. « Schumacher wins Eneco Tour in bizarre finish », Cyclingnews.com, 23/08/2006.
  6. « Italian Paolo Bettini prevails in Stuttgart », Cyclingnews.com, 30/9/2007.
  7. « Schumacher presents blood values », Cyclingnews.com, 27/11/2007.
  8. « Cyclisme: Amphétamines chez Schumacher après un contrôle policier », La Dernière Heure/Les Sports, 8/1/2008.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]