George Hincapie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
George Hincapie
Nacemento29 de xuño de 1973
Lugar de nacementoQueens
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterFarmingdale High School
Ocupaciónciclista
IrmánsRichard Hincapie
Na rede
http://www.georgehincapie.com
editar datos en Wikidata ]

George Hincapie (nado o 29 de xuño de 1973 en Nova York), é un ciclista profesional estadounidense de orixe colombiana.

É un destacado clasicómano, aínda que a fama veulle por ser un dos mellores gregarios de Lance Armstrong na consecución dos seus sete Tours de Francia. Ademais, tamén participou na primeira vitoria de Alberto Contador no ano 2007 e na recente vitoria de Cadel Evans no ano 2011.

Na edición do ano 2011 igualou o récord de participacións (16) que ostentaba en solitario, ata o de agora, o holandés Joop Zoetemelk.