Quezón
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Quezón | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| ': | |
| Xeografía | |
| Altitude: | 17 msnm |
| Superficie: | 166,2 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 2.761.720 hab. (2010) |
| Densidade de poboación: | 16.617 hab/km² |
| Xentilicio: | |
| Información | |
| Código postal: | 1100 - 1128 |
| Alcalde: | Herbert M. Bautista |
| Sitio na web: | Páxina oficial |
Quezon, oficialmente Lungsod Quezon en tagalo ou Quezon City en inglés, é a cidade máis poboada e o centro urbano máis rico de Filipinas. A súa poboación en 2007 era de 2,679.450 habitantes. Tamén foi a capital do país entre os anos 1948 e 1976. A cidade tomou o seu nome de Manuel Luis Quezon, quen foi presidente do país entre 1935 e 1944, e quen fundou a cidade para substituír a Manila como capital.
Situado na illa de Luzón, Quezón é un dos municipios que compoñen á Gran Manila, a rexión da capital nacional.