Sexismundo, Sacro Emperador Romano-Xermánico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sexismundo
Sexismundo retratado por un artista anónimo arredor de 1420.
Sacro Emperador Romano-Xermánico
1433 - 1437
PredecesorCarlos IV, Emperador do Sacro Imperio Romano-Xermánico
Rei de Hungría (con María I de Hungría)
1387 - 1437
Coroación31 de marzo de 1387 en Székesfehérvár
PredecesorMaría I de Hungría
SucesorAlberte II de Alemaña

Coroación31 de maio de 1433 en Roma
Nacemento14 de febreiro de 1368
Nuremberg
Falecemento9 de decembro de 1437
Znojmo
SepulturaOradea
Cónxuxe/sMaría I de Hungría
Barbara de Celje
DescendenciaSabela, Raíña de Bohemia
ProxenitoresCarlos IV, Sacro Emperador Romano-Xermánico
Sabela de Pomerania

Na rede
WikiTree: Luxembourg-123 Find a Grave: 12419869 Editar o valor em Wikidata

Sexismundo de Luxemburgo, nado en Núremberg o 15 de febreiro de 1368 e finado en Znaim o 9 de decembro de 1437, foi emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico de 1410 a 1437 e rei de Hungría e Bohemia, e derradeiro monarca da dinastía Luxemburgo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi o segundo fillo do emperador Carlos IV. Foi marqués de Brandeburgo desde 1378, ao suceder ao seu pai, ata 1388 cando renunciou a favor do seu curmán Jobst de Moravia. Logo da morte deste, en 1411, Sexismundo volveu converterse en marqués de Brandeburgo ata 1415, cando agasallou co territorio desta marca a Frederico I de Núremberg, dando lugar a que a familia dos Hohenzollern pasase a ser a máis importante de Alemaña.

Grazas ao seu casamento con María I de Hungría, Sexismundo ocupou o trono húngaro dende 1386. En 1396 fixo fronte aos turcos de Beyazid I que trataran de atacar o sur de Hungría pero as súas forzas foron derrotadas na Batalla de Nicopolis (actual Bulgaria) e o propio Sexismundo estivo a piques de ser capturado.

Contraeu un segundo matrimonio en 1406, con Barbara de Celje.

No ano 1410, falecido o emperador Roberto e tras unha complicada elección, foi elixido emperador do Sacro Imperio Romano. Os seus opoñentes foron Venceslau de Bohemia, que non aceptou a súa deposición como emperador dez anos antes de Jobst de Moravia, que resultou seleccionado pero faleceu poucos meses despois. Venceslau renunciou a favor de Sexismundo, permitíndolle ser recoñecido emperador de xeito unánime.

Sexismundo reinou dende 1419 en Bohemia, ao suceder a Venceslau pero estivo enfrontado cos husitas durante quince anos, e non foi recoñecido pola maior parte das faccións checas ata o ano 1437.

Tivo unha filla con Barbara de Celje, Sabela (1409-1442) quen casou co emperador Alberte II, que puido suceder ao seu sogro nos tronos de Hungría e Bohemia.


Predecesor:
Roberto
 Rei de romanos 
1410 - 1433
Sucesor:
Alberte II
Predecesor:
Carlos IV
 Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico 
1433 - 1437
Sucesor:
Frederico III
Predecesor:
María
(1382–1385;1386–1395)
 Rei de Hungría 
1387 - 1437
Sucesor:
Alberte I
Predecesor:
Venceslau
 Elector de Brandeburgo 
1378 - 1388
Sucesor:
Jobst de Moravia
Predecesor:
Jobst de Moravia
 Elector de Brandeburgo 
1411 - 1415
Sucesor:
Frederico I
Predecesor:
Venceslau IV
 Rei de Bohemia 
1419 - 1421
1436 - 1437
Sucesor:
Alberte I