San Pedro de Ycuamandiyú

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Pedro de Ycuamandiyú
Bandera del Departamento de San Pedro.JPG


Situación xeográfica
San Pedro-py.jpg
País Flag of Paraguay.svg Paraguai
Departamento San Pedro
Xeografía
Altitude 64 msnm
Superficie 3.185 km²
Poboación
Poboación 32.918 hab.
Densidade 10,3 hab./km²
Xentilicio Sampedrano/a
Información
Código postal 8000
Alcalde Juan Carlos Rodríguez Arévalo (ANR)
Páxina web

San Pedro del Ycuamandiyú é un distrito e cidade de Paraguai, e así mesmo a capital do departamento homónimo. Foi fundada por José Ferreira e Pedro García Lacoizqueta en 1786 co nome de Villa San Pedro Apóstol del Ycuamandiyú.

O distrito ten unha área de 3.185 km² e unha poboación de 29.097 habitantes (DGEEC 2002). A súa economía baséase na actividade gandeira, forestal e a produción herbeira, ademais de existir artesanía a pequena escala. Áchase a 330 km da cidade de Asunción.

Toponimia[editar | editar a fonte]

O seu nome Pedro débese ao apóstolo San Pedro, mentres que Ycuamandiyú é unha palabra castelanizada que deriva das verbas guaranís ykua («pozo») e mandyju («algodón»).

Unha das hipóteses di que existía unha planta de algodón nun pozo do lugar onde se fundou a cidade, e a outra contempla que había unha nacente de auga e o brote da mesma formaba burbullas brancas similares ao algodón. Dito pozo encóntrase na esquina que forman as rúas Fontao Meza e Familia Serrati, no barrio Santa Ana.

Rúas de San Pedro.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1525, os indíxenas asasinaron ao descubridor de Paraguai, o portugués Aleixo García.

A localidade foi fundada o 16 de marzo de 1786 polo comandante José Ferreira e polo capitán Pedro García Lacoizqueta, na época do gobernador intendente Pedro Melo de Portugal, aínda que xa desde antes no lugar existían establecementos indíxenas. Estas tribos eran un problema para ás estancias da zona e inclusive, para á mesma Asunción. Mais os constantes e agresivos avances portugueses representaban un perigo aínda maior; en razón a estas dificultades foi elixida esta localización para conter e repeler aos agresores.

Antiga Igrexa de San Pedro.

Clima[editar | editar a fonte]

O clima é húmido e chuvioso, a humidade relativa é do 70 ao 80%. A media é de 23 °C, a máxima en verán é de 40 °C e a mínima de 10 °C. A temperatura máxima rexistrada nesta zona foi de 41,2 °C e a mínima foi de -1,6 °C.[1]

Demografía[editar | editar a fonte]

Conta cunha poboación de 32.918 habitantes, dos cales 17.092 son homes e 15.825 mulleres, segundo proxeccións para o 2008 da Dirección Xeral de Estatísticas, Enquisas e Censos.

Economía[editar | editar a fonte]

A cidade e os seus arredores constitúen un importante centro de actividade gandeira: vacún, equino, ovino e porcino.

En agricultura, no distrito realízanse cultivos de herba mate, algodón, soia, pataca, alfalfa, cítricos, maní, mandioca e trigo. En canto ás industrias é posible citar aos serradeiros, procesadoras de petit grain e aceite de coco.

Por outro lado na artesanía sampedrana, destacan os bordados e traballos en arxila.

Turismo[editar | editar a fonte]

Municipalidade de San Pedro.

San Pedro é coñecida como a “Capital da Cordialidade”, debido á hospitalidade dos seus habitantes. O principal atractivo son as súa casas antigas, casonas coloniais de cores, existentes na cidade desde a época dos López.

A igrexa reconstruída é de estilo franciscano, igrexa na honra de San Pedro, tamén datada da época de Carlos Antonio López. O retablo e as imaxes son de grande valor histórico para Paraguai. Tamén é posible observar pezas antiquísimas da rexión no museo do Sr. Francisco Resquin.

A Casa da Cultura é outro lugar interesante, con exposicións artísticas, cursos de música, poesía e guitarra.

As praias ás beiras do río Jejui ofrecen lugares de recreación, onde é posible practicar o piragüismo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dirección Nacional de Aeronáutica Civil. Boletines Climáticos.. http://www.meteorologia.gov.py:9191/historico.html. Consultado o 23 de setembro de 2011.