Cochinchina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Cochinchina (en francés Cochinchine e en vietnamita Nam Kỳ) é a zona meridional do Vietnam, ó sur de Camboxa, coñecida por formar parte da Indochina Francesa entre os anos 1862 e 1954, e o relativamente recente Vietnam do Sur foi creado a partir da unión da Cochinchina co antigo protectorado francés de Annam. Actualmente é unha zona moi fértil e moi poboada, e nela atópase a principal cidade de Vietnam, a Cidade Ho Chi Minh (antiga Saigón).