Vietnam do Norte
|
||||
| Himno nacional: Tiến Quân Ca | ||||
| Capital | Hanoi 21°2′N 105°51′E / 21.033°N 105.85°E |
|||
| Goberno | Estado socialista | |||
| Presidente | ||||
| • 1945-1969 | Ho Chi Minh | |||
| • 1969-1975 | Ton Duc Thang | |||
| Período histórico | Guerra Fría | |||
| • Independencia de Francia | 2 de setembro de 2 de setembro | |||
| • Unificación do Vietnam | 2 de xullo de 1976 | |||
| Superficie | ||||
| • 1960 | 157.880 km2 | |||
| Poboación | ||||
| • 1960 est. | 15.916.955 | |||
| Densidade | 100,8/km² | |||
| Moeda | Dong | |||
A República Democrática de Vietnam, tamén coñecida como Vietnam do Norte, foi un Estado socialista fundado por Ho Chi Minh e recoñecido por China e a URSS en 1950. En 1954, trala derrota de Francia na Batalla de Dien Bien Phu, Francia recoñeceu formalmente este estado e a Indochina Francesa dividiuse en dous.
Despois desta división produciuse un éxodo masivo dos vietnamitas do Norte cara o Sur, moitos deles católicos, que sinalaban que a política norvietnamita exercía unha persecución sobre eles e outros tantos foron vietcongs sucesores dos vietminhs promovidos polo goberno do norte para liberar ou desprender o sur do control das potencias capitalistas. En 1959, o Partido Comunista Vietnamita secretamente decidiu realizar unha guerra contra o Sur cos enormes custos lle implicou.
A capital de Vietman do Norte foi Hanoi e estaba gobernada por un goberno comunista aliado coa Unión Soviética e a República Popular de China, que loitou contra os Estados Unidos e Vietnam do Sur durante a Guerra de Vietnam. A República Popular de China apoiou ao goberno durante a guerra.
Coa liberación de Saigón por parte das forzas Norvietnamitas o 30 de abril de 1975, a autoridade política en Vietnam do Sur foi asumida pola República de Vietnam do Sur. Este goberno fusionouse con Vietnam do Norte o 2 de xullo de 1976 e formaron unha soa nación denominada a República Socialista de Vietnam.
