Sacha Baron Cohen
Sacha Noam Baron Cohen, nado o 13 de outubro de 1971 en Londres, é un humorista e actor inglés.
[editar] Traxectoria
Nado nunha familia xudía, Sacha é o cativo dos tres fillos de Gerald Baron Cohen e Daniella Weiser; o pai, galés, é descendente de xudeus lituanos, e a nai é de Israel. Estudou historia na Universidade de Cambridge, a súa tese versou sobre a participación dos xudeus no Movemento polos dereitos civís nos Estados Unidos.
Sacha é un coñecido cómicos británico que interpreta personaxes ficticios, no programa de televisión Da Ali G Show, que efectúan falsas entrevistas a personalidades que cren que a entrevista é real. Os seus personaxes cómicos, satíricos e populares son Ali G (unha parodia dun branco de clase media que actúa como un negro dos arrabaldes), Borat (un reporteiro antisemita do Casaquistán) e Brüno (un reporteiro homosexual austríaco de moda). Gañou un Globo de Ouro ó mellor actor pola súa actuación en Borat: Cultural Learnings of America for Make Benefit Glorious Nation of Kazakhstan, película co que se fixo coñecido internacionalmente.