Rosa Aguilar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aguilar en 2011.

Rosa Aguilar Rivero, nada en Córdoba en 1957, é unha política andaluza, actual ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño de España.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en dereito, entrou en política da man do Partido Comunista de España e de Izquierda Unida, concelleira en Córdaba desde 1987 ata 1991. Deputada no Parlamento de Andalucía substituíndo a Julio Anguita (1990-1993), deputada no Congreso dos Deputados (1993-1996). En 1999 accedeu á alcadía de Córdoba grazas a un pacto co PSOE, no ano 2003 revalidou o seu mandato, xa sen precisar pacto ningún.

Crítica con algunhas posturas de IU, como a entrada de Ezker Batua no goberno vasco ou a negativa de IU á Constitución Europea, en 2009 accedeu como independente a ser conselleira de Obras Públicas na Junta de Andalucía, o que espertou grandes críticas entre os membros do seu partido, que non tiña asinado ningún pacto co Partido Socialista Obrero Español. En 2010 foi nomeada por José Luis Rodríguez Zapatero ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, en substitución da galega Elena Espinosa.


Predecesor:
Rafael Merino
Alcaldesa de Córdoba
19992009
Sucesor:
Andrés Ocaña
Predecesor:
Luis García Garrido
Conselleira de Obras Públicas de Andalucía
20092010
Sucesor:
Josefa Cruz Villalón
Predecesor:
Elena Espinosa
Escudo de España.svg
Ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño

2010 - 2011
Sucesor:
Miguel Arias Cañete