Romesco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Salsa romesco e ingredientes

O romesco é unha salsa típica do Camp de Tarragona, en Cataluña. É posible que tivera a súa orixe no barrio do Serrallo, en Tarragona.

A súa base está composta por améndoas e abelás, tomate escalivado, sal, allo escalivado e cru, aceite, vinagre e pemento. Poden engandirse ñoras e pan frito para que teña máis consistencia, ou follas de menta, perexil ou fiúncho para aromatizar.

É unha salsa cun punto picante e úsase para acompañar pratos de peixe, carne ou verduras, como por exemplo os calçots, aínda que unha salsa parecida, chamada salvitxada, utilízase tamén para acompañar a estes últimos.

Bibliografía[editar | editar a fonte]