Camp de Tarragona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
     Camp de Tarragona

O Camp de Tarragona é unha rexión natural e histórica do sur de Cataluña e tamén un dos sete ámbitos funcionais territoriais (AFT) definidos no Plan territorial xeral de Cataluña, para un hipotético desenvolvemento da Comunidade Autónoma en vigairías.

É a área da provincia de Tarragona que engloba as comarcas catalás do Alt Camp, Baix Camp, Baix Penedès, Conca de Barberà, Priorat e Tarragonès. En 2010 contaba con 616.852 habitantes. Historicamente coñecíase como Camp de Tarragona á rexión formada polo Alt Camp, o Baix Camp e o Tarragonès.

Tamén é o nome da estación ferroviaria de alta velocidade que desde o 26 de decembro de 2006 serve a esas comarcas, a estación de Camp de Tarragona.