Richard Avedon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRichard Avedon

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de maio de 1923 Editar o valor em Wikidata
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte1 de outubro de 2004 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
San Antonio, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHemorraxia cerebral Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Columbia
New School for Social Research (pt) Traducir
DeWitt Clinton High School (en) Traducir
PS 6 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Nova York Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfotógrafo de moda , deseñador , fotógrafo Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1945 Editar o valor em Wikidata - 2004 Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoFashion photography (en) Traducir, Retrato fotográfico, retrato e arte comercial (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
RepresentantePace Gallery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeDoe Avedon (1944–1949)
Evelyn Franklin
FillosJohn Avedon (pt) Traducir
 () Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webrichardavedon.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0042857 IBDB: 94123
Musicbrainz: ef72caeb-95ca-444c-9403-a46b99a03120 Discogs: 955472 WikiTree: Avedon-1 Find a Grave: 9538796 Editar o valor em Wikidata

Richard Avedon, nado en Nova York o 15 de maio de 1923 e finado en San Antonio, Texas, o 1 de outubro de 2004, foi un fotógrafo estadounidense. O obituario publicado por The New York Times, afirmaba que

as súas fotografías de moda e os seus retratos axudaron a definir, nos Estados Unidos, durante o último medio século, a imaxe de beleza, elegancia e cultura.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Avedon naceu na cidade de Nova York nunha familia xudía. Era o único fillo de Jacob Israel Avedon, un inmigrante nado en Rusia que tiña unha tenda de roupa na Quinta Avenida,[2] A súa nai, Anna, pertencía a unha familia propietaria dunha empresa de manufactura téxtil.[1] Acudiu ao colexio DeWitt Clinton no Bronx, onde colaborou no xornal escolar The Magpie co escritor James Baldwin desde 1937 a 1940.[3] Despois de asistir durante un tempo á Univesidade de Columbia, comezou a súa carreira como fotógrafo traballando para a mariña mercante en 1942, tomando fotografías identificativas dos membros das tripulacións. Estas fotografías realizounas cunha cámara Rolleiflex que lle dera o seu pai como agasallo de despedida. De 1944 a 1950, estudou con Alexey Brodovitch no seu laboratorio na New School for Social Research.[1]

Carreira profesional[editar | editar a fonte]

Os seus retratos, aparentemente sinxelos mais profundamente psicolóxicos, de persoeiros célebres e de descoñecidos posando fronte a un inmaculado fondo branco, amosan un fotógrafo coidadoso capaz de plasmar no papel fotográfico trazos inesperados dos rostros de personaxes tan destacados como Truman Capote, Henry Miller, Humphrey Bogart ou Marilyn Monroe, entre moitos outros. O seu método era sinxelo mais efectivo, a derrota anímica do contrario fotografado a través de longas e cansas sesións de ata catro horas. Así nu, o retratado e indefenso era capaz de mostrar a súa personalidade máis sincera.

En 1979 comezou o que se converteu nun dos seus traballos máis importantes. Por encargo do Museo Amon Carter, de Fort Worth, Texas, Avedon dedicou cinco anos a percorrer o oeste dos Estados Unidos para documentar as persoas que nunca escribirían a historia do seu país. Nesta obra, titulada In the american west, mostra granxeiros, mineiros, vagabundos, prostitutas, amas de casa, presos, vaqueiros de rodeo ou empregados de pequenas oficinas en fotografías de gran formato tomadas coa luz de día, ao ar libre e, coma sempre, perante un fondo branco.[4] Neles non hai nada do soño americano ou da terra prometida. Son retratos de individuos que foron observados e elevados artisticamente pola cámara de Avedon mediante unha composición sobria, logrando así unha considerable forza expresiva.

Ao rematar o proxecto, Avedon percorrera un total de 189 poboacións de 17 estados; fotografara 752 persoas utilizando arredor de 17 000 placas de película.[4][5] Desta colección, escolleu 123 retratos que conformaron a serie In the american west 1979 – 1984.

Ademais do gran formato empregado para as aús fotografías de moda e retratos, desenvolveu unha obra en paralelo utilizando o paso universal que reflicte as súas vivencias máis persoais, como viaxes ou lembranzas familiares.

Algo moi fondo subxace ao longo de toda a obra de Avedon, e non obstante non sempre se acertou a concretar nos traballos realizados arredor da súa figura. É unha preocupación sincera, mais ás veces elegantemente obsesiva. O tempo, a vellez e as súas tensións resultan ser o motivo fundamental na súa obra. Vemos na súa arte como falta directamente do paso do tempo e da súa influencia no ser humano, e, como non, do camiño cara á morte. Son eses retratos descontextualizados que aparecen ante a cámara sen maquillaxe, fatigados ou tristes, tal e como se atopaban nese momento, os que claramente denotan dita inquietude. O final do seu libro Portraits (1976), por exemplo, culmina de forma tremenda mais maxistralmente tratada cunha serie de sete fotografías do seu pai envellecendo gradualmente ata que parece que se integrou na luz que o rodea.

O 25 de setembro de 2004 Avedon sufriu unha hemorraxia cerebral en San Antonio, Texas, mentres se atopaba nunha sesión fotográfica para un proxecto encargado pola revista The New Yorker que se titulaba "On Democracy", e se enfocaba no proceso electoral de 2004 nos Estados Unidos; tratábase de retratos de candidatos e delegados das convencións nacionais, entre outros involucrados no asunto.[1] Faleceu nesa mesma cidade o 1 de outubro por mor de complicacións médicas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Grundberg "Richard Avedon, the Eye of Fashion, Dies at 81. The New York Times, 1 de outubro de 2004
  2. Paula Chin (23 de maio de 1994), At 71, Assailed by Critics, the Prickly Photographer Says Frankly, 'I Don't Give a Damn How I'm Taken.' People.
  3. Staff. "Richard Avedon", The Daily Telegraph, 2 de outubro de 2004. Consultado o 14 de setembro de 2009. "He also edited the school magazine at DeWitt Clinton High, on which the black American writer James Baldwin was literary editor."
  4. 4,0 4,1 Pénichon, Sylvie (2008). "The Making of the American West". The American Institute for Conservation of Historic & Artistic Works. 3 47: 175. 
  5. Dubiel, Richard (1989). "Existential Approach to Art and Value". National Art Education Association. 3 42: 19. JSTOR 3193139. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]