Retrato fotográfico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Retrato

O retrato fotográfico é un xénero onde se reúnen toda unha serie de iniciativas artísticas que xiran en torno á idea de mostrar as calidades físicas ou morais das persoas que aparecen nas imaxes fotográficas.

A súa práctica encóntrase xa nos inicios da fotografía onde destaca o labor realizado polos fotógrafos ambulantes, os fotógrafos comerciais dos estudos parisinos, os primeiros retratos psicolóxicos, o retrato popular presentado pola fotografía academicista, así como a obra documental de David Octavius Hill.

Os representantes principais do retrato fotográfico nos seus inicios son Nadar, Disdéri, Julia Margaret Cameron, Lewis Carroll, Gustave Lle Gray, Etienne Carjat, Antoine Samuel Salomon, Pierre Petit ou Lady Clementine Hawarden.

Con posterioridade o xénero foi evolucionando de forma paralela ó devir da historia da fotografía razón por a cal, xunto a fotógrafos que se dedican en exclusiva ó que poderiamos entender como a forma máis ortodoxa do retrato fotográfico, nos encontramos con fotógrafos adscritos a movementos concretos que se achegan ó retrato fotográfico co emprego das ideas e técnicas propias destas correntes.

Figuras de interese no campo do retrato fotográfico son Richard Avedon, Brassaï, Walker Evans, August Sander, entre outros.

Dentro do campo do retrato fotográfico desenvólvese con forza, durante o século XIX e principios do século XX,un subxénero propio coñecido como a fotografía de defuntos, no cal destaca a obra do fotógrafo español Fernando Navarro.