Riás, Piñeiro, Tomiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Riás
ParroquiaPiñeiro
ConcelloTomiño
Coordenadas42°01′26″N 8°41′59″O / 42.023776085034, -8.6996268274311Coordenadas: 42°01′26″N 8°41′59″O / 42.023776085034, -8.6996268274311
Poboación51 hab. (2022)
editar datos en Wikidata ]

Riás é un lugar da parroquia de Piñeiro, no concello pontevedrés de Tomiño, na comarca do Baixo Miño.[1] Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 51 habitantes (24 homes e 27 mulleres). É o lugar máis próximo á parroquia tudense de Pexegueiro.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Comparte con ese lugar un anaco de ribeira do río Furnia, río troiteiro que agora está ameazado pola instalación dunha estación depuradora de augas residuais. Neste río atópase unha ponte romana que comunica as parroquias de Piñeiro e Sobrada. A cada lado dela hai dous muíños, cunha repartición de uso en horas.

Neste lugar tamén se sitúa un centro terapéutico de drogodependentes, denominado "Alborada". Hai un lavadoiro que agora non se utiliza. Ó carón atópase a poza de Parada que se usa para regar os campos lindeiros.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Piñeiro[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Piñeiro no concello de Tomiño (Pontevedra)

A Bouzada | O Bouzón | Riás | Tabordela

Parroquias de Tomiño[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Tomiño

Amorín (San Xoán) | Barrantes (San Vicente) | Currás (San Martiño) | Estás (Santiago) | Figueiró (San Martiño e San Campio) | Forcadela (San Pedro) | Goián (San Cristovo) | Piñeiro (San Salvador) | Pinzás (Santa María) | San Salvador de Tebra (San Salvador) | Tebra (Santa María) | Sobrada (San Salvador) | Taborda (San Miguel) | Tomiño (Santa María) | Vilameán (San Bieito)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nomenclátor de Galicia. Busca directa (ed.). "Lugares da parroquia de Piñeiro, Tomiño". Consultado o 18 de maio de 2023. 
  2. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]