Renan Zanelli
Zanelli | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Renan Zanelli Consilieri | ||
Nacemento | 18 de maio de 1992 | ||
Lugar de nacemento | São Paulo | ||
Altura | 1,80 m. | ||
Posición | Centrocampista, dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Arenteiro | ||
Número | 10 | ||
Carreira xuvenil | |||
Audax | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2011–2013 | Audax | 13 | (1) |
2012–2013 | → Audax Rio | 0 | (0) |
2013–2015 | Willem II | 9 | (0) |
2014 | → FC Oss | 7 | (1) |
2015–2016 | Audax | 2 | (0) |
2016–2017 | Silva | 30 | (9) |
2017–2020 | Ourense CF | 79 | (20) |
2020–2022 | Arenteiro | 59 | (23) |
2022– | Talavera | 17 | (1) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 19 de febreiro de 2023. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Renan Zanelli Consilieri, nado en São Paulo o 18 de maio de 1992, é un futbolista brasileiro que xoga como dianteiro no Talavera, da Primeira División RFEF.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formouse na canteira do Pão de Açúcar de São Paulo, club que logo pasou a chamarse Audax, e debutou co primeiro equipo en 2011. En 2013 chegou ao fútbol europeo, asinando co Willem II neerlandés, co que conseguiu o ascenso á Eredivisie na súa primeira tempada.[1] Na seguinte tempada debutou na máxima categoría do fútbol neerlandés, nun partido contra o Go Ahead Eagles no estadio De Adelaarshorst de Deventer. Foi o seu único encontro na Eredivisie, saíndo cedido pouco despois ao FC Oss, da segunda división. A continuación regresou ao Audax, co que foi subcampión do Campionato Paulista de 2016, despois de perder a final contra o Santos.
En setembro de 2016 chegou ao fútbol galego, fichando polo Silva coruñés.[2] No equipo de Javier Bardanca coincidiu cos tamén brasileiros Guilherme, Andrade, João Paulo e Rafa Borges. Habitual na dianteira titular, xogou 30 encontros da Terceira División e foi con 9 goles o segundo máximo goleador do equipo, só por detrás dos 13 de Movilla.
No verán de 2017 cambiou A Coruña por Ourense, fichando polo Ourense CF.[3][4] Xogou tres tempadas no equipo dirixido por Fran Justo, todas elas na Terceira División, sumando 79 encontros e 20 goles. Para a tempada 2020/21 seguiu os pasos do seu adestrador e fichou xunto con el polo Arenteiro. Co equipo do Carballiño marcou 8 goles en 26 encontros da Terceira División, incluído o gol da vitoria na última xornada contra o Bergantiños en Espiñedo, co que o Arenteiro se proclamou campión da categoría.[5]
O 1 de decembro de 2021 marcou un dos dous goles do seu equipo no partido da Copa do Rei no que o Arenteiro eliminou a SD Logroñés, da Primeira RFEF.[6] Zanelli foi titular no histórico encontro da seguinte rolda contra o Valencia no Espiñedo, que precisou dunha prórroga para se decantar finalmente para o equipo valencianista[7].
En xullo de 2022 anunciouse a súa saída do Arenteiro para o CF Talavera,[8] club que viña de descender dende a Primeira División RFEF, pero que acabou por conservar a praza trala expulsión do DUX Internacional.
Palmarés[editar | editar a fonte]
- Willem II
- Segunda división dos Países Baixos (1): 2013/14.
- Arenteiro
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Cofán, David (22 de maio de 2021). "«Creen que como ganamos 5-0 al Somozas fue un paseo, y de eso nada»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Renan Zanelli, nuevo jugador del #Silva1617" (en castelán). 22 de setembro de 2016. Consultado o 9 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Javier Amor y Renan Zanelli nuevos refuerzos para el Ourense CF" (en castelán). 12 de xullo de 2017. Consultado o 9 de xaneiro de 2022.
- ↑ Renan Zanelli, fichaje de nivel para el club pontino‚ laregion.es, 12 July 2017
- ↑ "El Arenteiro se proclama campeón de Tercera tras vencer al Bergantiños (1-0)". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de maio de 2021. Consultado o 9 de xaneiro de 2022.
- ↑ Rodríguez, Luis M. (2 de decembro de 2021). "El Arenteiro apea al Logroñés y sueña con un Primera en Espiñedo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Arenteiro domina pero no vence". Faro de Vigo (en castelán). 17 de decembro de 2021. Consultado o 9 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Renan Zanelli, nuevo fichaje del CF Talavera". La Voz del Tajo (en castelán). Consultado o 2022-08-29.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do xogador en Transfermarkt (en inglés).