Ramón Mercader

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ramón Mercader
[1]
Jaime Ramón Mercader del Río Hernández
{{{cargoexecutivo1}}}
Período: {{{periodo1}}}
Antecesor: {{{antecesor1}}}
Sucesor: {{{sucesor1}}}
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
{{{cargoexecutivo2}}}
Período: {{{periodo2}}}
Antecesor: {{{antecesor2}}}
Sucesor: {{{sucesor2}}}
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 7 de febreiro de 1914
Lugar: Barcelona, Flag of Catalonia.svg
Falecemento: 18 de outubro de 1978
Lugar: A Habana, Flag of Cuba.svg
Organización: Partido Socialista Unificado de Cataluña (PSUC)
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: {{{cónxuxe}}}
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s): militante
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión: militar e político
Relixión: {{{relixión}}}
Premios: {{{premios}}}
{{{sinatura}}}
{{{web}}}
Epitafio de Trotski, en México

Jaime Ramón Mercader del Río Hernández, nado o 7 de febreiro de 1914 en Barcelona e finado o 18 de outubro de 1978 na Habana, foi un militar e político catalán. Militante do Partido Socialista Unificado de Cataluña (PSUC) participou na Guerra Civil Española durante a cal ingresou nos Servizos Secretos Soviéticos. Infiltrado nos círculos trotskistas en París, durante o tempo en que Josef Stalin era gobernante da Unión Soviética, a temida NKVD stalinista asignoulle a misión de asasinar a Lev Trotski previo pago de medio millón de dólares, feito polo que pasaría á historia. Aínda que os arquivos desclasificados demostraron que era un axente soviético[1] algúns seguidores de Stalin seguen a argumentar que era un seguidor de Trotski disgustado.[2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mercader naceu en 1914 en Barcelona, pero pasou parte de súa xuventude en Francia coa súa nai, Eustacia Maria Caridad del Río Hernández, tras a separación de seus pais. Aínda mozo abrazou o comunismo, axudando a organizacións da esquerda española durante mediados dos anos 30. Foi arrestado debido as súas actividades políticas, sendo liberado cando unha coalición de esquerda venceu nas eleccións e asumiu o goberno do país en 1936.

Nesta época, a súa propia nai fíxose axente soviética e Ramón seguiu os camiños dela ao viaxar para Moscova pouco tempo antes de irromper a Guerra Civil Española, coa intención de adestrarse nas artes da sabotaxe, loita de guerrillas e o asasinato. Foille dado o nome clave "GNOME" polos seus superiores.

Asasinato de Trotski[editar | editar a fonte]

Os seus xefes da NKVD escollérano para asasinar a Trotski, o cal deixara a URSS moitos anos antes. O bolxevique histórico saíra de seu país despois da derrota na disputa polo poder con Stalin, pero continuaba a criticar o líder soviético cos seus escritos desde o exilio en México.

En outubro de 1939, Mercader entrou en México cun pasaporte falso, identificándose como un enxeñeiro canadense chamado " Frank Jacson", un home de negocios.O día 24 de maio de 1940, fallou un elaborado plan de asasinato estabelecido por Mercader e o axente David Alfaro Siqueiros da NKVD en México. Deste modo xeraron un segundo plan. Desta vez, "Jacques Mornard", que evitara levantar sospeitas durante o primeiro atentado contra a vida de Trotski, facéndose pasar por un rico comerciante, conseguiu a amizade da secretaria privada de Trotski, Sylvia Ageloff (Сильвия Агелофф), ata lograr logo de varios meses de romance acceder ao círculo de confianza de Trotski, (chegando ata a regalar bombóns á esposa do ex-líder, Natasha), baixo o pretexto de ser un admirador canadense das ideas de Trotski. [4]

Derradeiro despacho de Trotski, onde foi asasinado

A mañá do 20 de agosto de 1940, Trotski recibiu a soas a Mercader, no estudo da súa casa en Coyoacán (próximo á Cidade de México). Este traíalle uns supostos escritos. Trotski achegouse á fiestra co obxecto de ler mellor e nese instante Mercader descargoulle un feroz golpe de piolet na cabeza enterrando profundamente a ferramenta no cranio de Trotski. Aínda así, Trotski non pereceu instantaneamente logrando darlle unha mordida nunha man antes de que chegaran os seus gardacostas e sobreviviu entre espasmos e convulsións por unhas 12 horas máis antes de falecer. Neste atentado, Mercader identificouse como un periodista belga chamado "Jacques Mornard".

Segundo algúns relatos, os gardacostas de Trotski entraron no estudo e cando xa ían matar a Mercader, Trotski salvoulle a vida gritando "Non o maten! Este home ten unha historia a contar."

Prisión, Fidelidade e Recoñecemento[editar | editar a fonte]

Mercader foi conducido ante ás autoridades mexicanas, a quen rexeitou revelarlle a súa identidade real; non obstante, foi condenado por asasinato e sentenciado a 20 anos de prisión. Stalin nos primeiros momentos non foi relacionado co asasinato e non lle importou a sorte corrida por Mercader. En principio, a declaración de Mercader era que tiña problemas persoais con Trotski. Mesmo sendo frecuentemente torturado pola policía mexicana, el xamais revelou a súa identidade ou ás súas conexións coa NKVD. Tras uns anos de prisión, Mercader preiteou liberdade condicional, que lle foi negada polo Dr. Jesús Siordia e polo criminoloxista Q. Cuarón. En agosto de 1953 a súa verdadeira identidade foi descuberta, o 6 de maio de 1960, tras cumprir a súa pena foi finalmente liberado do presidio Lecumberri, na Cidade de México. En 1961, el mudouse para a URSS e foi condecorado en segredo coa medalla de Heroe da Unión Soviética, unha das máis altas encomendas do país, máis tarde, desilusionado da desestalinización da URSS, radicouse en Checoslovaquia para maís tarde mudarse a A Habana, onde o goberno revolucionario de Fidel Castro o acolleu. Mercader dividiuse entre Cuba e a Unión Soviética polo resto de súa vida, traballando para a KGB (sucesora da NKVD) e como conselleiro de Fidel Castro. En 1977 pediulle a Santiago Carrillo, nunha visita que fixo este a Moscova, poder pasar os seus últimos días en Cataluña, pero este púxolle como condición que escribise as súas memorias contando quen lle encargou o asasinato de Trotski. Mercador rexeitouno de plano dicindo: "Aos meus nunca os vou a traizoar". Faleceu na A Habana, en 1978, e encóntrase sepultado co nome de Ramon Ivanovitch López no cemiterio Kuntsevo, en Moscova, posuíndo un lugar de honra, no museo da KGB na capital rusa.[5]

Ás súas conexións coa NKVD non foron reveladas até que ocorreu a disolución da Unión Soviética.

Alfonso Quiroz, un psicólogo mexicano que se interesou polo caso, concluíu tras diversas análises que Mercader era unha persoa superdotada, pois alén de dominar varios idiomas fluidamente tiña unha capacidade de raciocinio por enriba do normal.

Existe un filme-documental sobre Ramón Mercader, Asaltar los cielos, de 1996, dirixida por José Luís López Linares e Javier Rioyo. Aínda que máis que tratar a figura de Ramón Mercader, trata a da súa nai, Caridade, filla dun rico industrial que tivo gran influencia na militancia de esquerdas de Ramón e os seus irmáns.

Ramón Mercader na web[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A KGB en San Francisco e na Cidade de Mexico: Nome clave GNOME - O asasino de Trotski
  2. O novo Trotski: Xa non é un diaño, por Craig R. Whitney. Publicado no New York Times o 16 de xaneiro 1989; aceso o 5 de marzo de 2009. "E case todos os escritores e historiadores soviéticos en xeral, agora aceptan a opinión de que era o propio Stalin, e no Lavrenti Beria, quen ordenou o asasinato de Trotski ... Nada de isto se presenta como unha novidade para os historiadores occidentais, ou historiadores e escritores sovieticos independentes con longo coñecemento dos feitos." en ingles
  3. As bases do troskismo e a pertinencia de continuar coa loita, Tony Clark, Stalin Society en inglés
  4. Ramón Mercader: O asasino de Leon Trotski en Cuba en castelán
  5. Paxina cunha foto co sartego de Ramón Mercader en inglés