Rafael Chirbes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rafael Chirbes
Nacemento27 de xuño de 1949
Lugar de nacementoTavernes de la Valldigna
Falecemento15 de agosto de 2015
Lugar de falecementoBeniarbeig
Causacancro de pulmón
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor e crítico literario
Coñecido porsen etiquetar e En la orilla
PremiosPremio Viareggio, Preis der SWR-Bestenliste, Premios Cálamo e Premio Nacional de Narrativa
Na rede
IMDB: nm2986381 Dialnet: 21191 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Rafael Chirbes Magraner nado en Tavernes da Valldigna, Valencia o 27 de xuño de 1949 e finado en Beniarbeig o 15 de agosto de 2015 foi un escritor e crítico literario español.[1]Coa súa oitava novela, Crematorio, obtivo en 2007 o Premio da Crítica de narrativa castelá, mesmo galardón que recibiu en 2013 coa súa seguinte obra, En la orilla, que ademais foi galardoada co Premio Nacional de Narrativa.

Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu o 27 de xuño de 1949 en Tavernes de Valldigna, provincia de Valencia. O seu pai faleceu cando el tiña 4 anos.[2] Desde os oito anos estudou en colexios de orfos de ferroviarios, en Ávila e León. Aos 16 trasladouse a Madrid, onde estudou Historia Moderna e Contemporánea. En 1969 mudouse a París, onde permaneceu un ano.[2] Tamén viviu en Marrocos (onde foi profesor de español), Barcelona, A Coruña, Estremadura, e no ano 2000 regresou á provincia de Alacante, concretamente a Denia e a Beniarbeig.

Ao chegar a Madrid pasou algún tempo en La Gaceta Ilustrada antes de inaugurar a súa relación con Vinoselección, editora da revista Sobremesa na que foi redactor, redactor xefe, director, asesor de dirección e colaborador entre 1984 e 2007. Das reportaxes publicadas[3]nesta revista e unha vez reescritos compuxo dous libros: Mediterráneos (1997) e El viajero sedentario (2004).[4]

A súa primeira novela, Mimoun (1988), quedou finalista do Premio Herralde e a súa obra La larga marcha (1996) foi galardoada en Alemaña co Premio SWR-Bestenliste. Con esta novela iniciou unha triloxía sobre a sociedade española que abarca desde a posguerra até a transición, que se completa con La caída de Madrid (2000) e Los viejos amigos (2003). Con Crematorio (2007), un retrato da especulación e a burbulla inmobiliaria, recibiu o Premio Nacional da Crítica e o V Premio Dulce Chacón. A novela En la orilla (2013), continúa o retrato da España en crise, e por ela recibiu tamén o Premio Nacional da Crítica 2014 e o Premio Francisco Umbral ao Libro do Ano 2013. Esta novela foi considerada o mellor libro do ano, segundo os xornalistas e a crítica literaria do diario El País.[5] Faleceu en Tabernes de Valldigna o 15 de agosto de 2015.[6][7]

Póstumamente, publicouse a novela Paris-Austerlitz, que deu por terminada poucos meses antes da súa morte e que contén elementos autobiográficos. Ambientada en París, conta a relación dunha parella gai entre un novo pintor madrileño e un obreiro de ascendencia normanda, moito maior de idade que el e que contraerá a sida.[8]

En decembro de 2015 a Biblioteca Nacional de España celebrou unha homenaxe adicada a figura e obra de Rafael Chirbes, na que participaron Manuel Rodríguez Rivero, Jorge Herralde, Santos Sanz Villanueva e Marta Sanz.[9]

Adaptación televisiva[editar | editar a fonte]

A súa oitava novela, Crematorio (2007), foi adaptada por Canle Plus en 2011 como miniserie de televisión co título homónimo de 8 capítulos, e co actor Pepe Sancho como protagonista no papel do construtor Rubén Bertomeu. A serie cultivou excelentes críticas.[10][11]

Obras[editar | editar a fonte]

Novelas[editar | editar a fonte]

  • (1988). Mimoun. Ed. Anagrama.
  • (1991). En la lucha final. Ed. Anagrama.
  • (1992). La buena letra. Ed. Anagrama.
  • (1994). Los disparos del cazador. Ed. Anagrama.
  • (1996). La larga marcha. Ed. Anagrama.
  • (2000). La caída de Madrid. Ed. Anagrama.
  • (2003). Los viejos amigos. Ed. Anagrama.
  • (2007). Crematorio. Ed. Anagrama.
  • (2013). En la orilla. Ed. Anagrama.
  • (2016). París-Austerlitz. Ed. Anagrama

Ensaios[editar | editar a fonte]

  • (1997). Mediterráneos. Ed. Anagrama.
  • (2002). El novelista perplejo. Ed. Anagrama.
  • (2004). El viajero sedentario. Ed. Anagrama.
  • (2010). Por cuenta propia. Ed. Anagrama.
  • (2023). Asentir o desestabilizar. Crónica contracultural de la Transición. Altamarea Ediciones

Memorias e diarios[editar | editar a fonte]

  • (2017). El año que nevó en Valencia. Ed. Anagrama
  • (2021). Diarios. A ratos perdidos 1 y 2. Ed. Anagrama.
  • (2022). Diarios. A ratos perdidos 3 y 4. Ed. Anagrama.
  • (2023). Diarios. A ratos perdidos 5 y 6. Ed. Anagrama.

Premios literarios[editar | editar a fonte]

  • (1988). Finalista do Premio Herralde por Mimoun.
  • (1999). SWR-Bestenliste (Alemaña) por La larga marcha.[12]
  • (2003). Premio Cálamo Libro do ano por Los viejos amigos.[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bono, Ferran; Constenla, Tereixa (2015-08-16). "Muere el escritor Rafael Chirbes". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2024-05-04. 
  2. 2,0 2,1 Florence Noiville (16 de agosto de 2015). Le Monde, ed. "L’écrivain espagnol Rafael Chirbes est mort". 
  3. "Viajero". Fundació Rafael Chirbes (en castelán). Consultado o 2024-05-01. 
  4. Martínez, Jacobo Llamas (2021-06-22). "Chirbes y la «autorreescritura»: las variantes entre los reportajes publicados en la revista Sobremesa y los textos compilados en Mediterráneos" (en castelán) 83 (165): 219–245. ISSN 1988-4192. doi:10.3989/revliteratura.2021.01.010. Consultado o 2022-04-27. 
  5. "Los 10 mejores libros del año de Babelia". El País. 28 de decembro de 2013. Consultado o 29 de decembro de 2013. 
  6. Efe Valencia (15 de agosto de 2015). "Chirbes, un autor arraigado en la sociedad". 
  7. "Zum Tod von Rafael Chirbes: Die Sittengemälde eines Sozialkritikers". FAZ.NET (en alemán). 2015-08-16. Consultado o 2024-05-04. 
  8. Zanón, Carlos (2016-01-06). "Esa enfermedad llamada amor". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2024-05-04. 
  9. Biblioteca Nacional de España (9 de decembro de 2015). Recuerdo a Rafael Chirbes (YouTube). 
  10. "FilmAffinity". FilmAffinity (en castelán). Consultado o 2024-05-04. 
  11. "Canal+ homenajea a Rafael Chirbes con la emisión de 'Crematorio'". La Vanguardia (en castelán). 2015-08-17. Consultado o 2024-05-04. 
  12. "1999: Rafael Chirbes: "Der lange Marsch" und "Die schöne Schrift"". SWR2. 9 de enero de 2009 (actualizado). Consultado o 6 de julio de 2021. 
  13. Redacción (24 de enero de 2004). "Rafael Chirbes y Juan José Saer, premios Cálamo de literatura". El Periódico. Consultado o 6 de julio de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]