Río Paraíba do Sul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ríos do leste do Brasil - véxase tamén no mapa o río Paraíba do Sul.

O Rio Paraíba do Sul e un río brasileiro que nace no estado de Sao Paulo, recorre unha parte do sueste de Minas Xerais, fai a divisa natural deste estado co estado de Rio de Janeiro, e desemboca no Océano Atlántico. A súa cunca hidrográfica está situada entre as latitudes 20°26' e 23°39'S e as lonxitudes de 41° e 46°30'W e ten unha área de uns 57.000 Km2, que se espalla polos tres estados.

Localización e características[editar | editar a fonte]

A rexión do río Paraíba do Sul (tamén coñecido como río Paraíba) encontrase hoxe cos seu ecosistemas moi alterados. A foresta orixinal (coñecida como Mata Atlántica) actualmente só existe en parques e reservas forestais. O propio río ten o seu curso mudado por sucesivas represas, destinadas a abastecer co auga e electricidade as poboacións veciñas, incluíndo as grandes cidades do seu vale nos estados de Sao Paulo e Rio de Xaneiro, e tamén a rexión metropolitana da cidade do Río de Xaneiro. A grande actividade industrial e as poboacións en súas marxes lanzan nel unha grande cantidade de polución.

A rexión do medio Vale do Paraíba foi a primeira grande rexión produtora de café no Brasil no século XIX, co a súa economía baseada en grandes propiedades rurais e no traballo escravo. Co a perda da importancia de súa produción cafeeira para o interior do estado de Sao Paulo, veio unha estagnación económica. Despois da creación da Compañia Siderúrxica Nacional (a primeira fábrica de aceiro do Brasil, creada por Getúlio Vargas ó 1943) a rexión pasou por un proceso de industrialización, que a transformou en unha das máis importantes rexións industriais do Brasil.

O val do río Paraíba do Sul e atravesado polo ferrocarril Estrada de Ferro Central do Brasil e pola estrada Rodovia Presidente Dutra, que ligan a rexión co as cidades do Río de Xaneiro e de San Paulo.

Cidades máis grandes do val do Río Paraíba do Sul[editar | editar a fonte]

No estado de Sao Paulo

No estado de Rio de Janeiro

No estado de Minas Xerais

  • Juiz de Fora (xunto ó río Paraibuna, afluente do Paraíba do Sul)
  • Além Paraíba