São José dos Campos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 23°10′44″S 45°53′13″W / 23.17889°S 45.88694°W / -23.17889; -45.88694

São José dos Campos
Saojosedoscampos brasao.gif Bandeira SaoJosedosCampos SaoPaulo Brasil 2.svg
Situación xeográfica
SaoPaulo Municip SaoJosedosCampos.svg
Estado: Flag of Brazil.svg Brasil
Estado: São Paulo
Xeografía
Altitude: 660 msnm
Superficie: 1099.6 km²
Poboación
Poboación total: 686.876 hab. (2011)
Densidade de poboación: 579,1 hab/km²
Xentilicio: Sanjoseense
Información
Código postal: 12200-001 a 12248-999
Alcalde: Eduardo Cury (PSDB)
Sitio na web: Páxina oficial

São José dos Campos é unha importante cidade industrial do estado de São Paulo e do Brasil. Localizada no Vale do Río Paraíba do Sur, é considerada o maior centro de investigacións en alta tecnoloxía da América Latina, e ten industrias dos sectores automobilístico e de telecomunicacións, material bélico, metalurxía, de produtos químicos, fármacos, equipamentos eléctricos e electrónicos, e sede do maior complexo aeroespacial de América Latina. Aquí están instaladas importantes multinacionais como Philips, Panasonic, Johnson & Johnson, General Motors (GM), Petrobras, Ericsson, Monsanto, a sé de Embraer, coa terceiro pista de avións máis longa do mundo, entre outras compañías máis. No sector aeroespacial destaca o Centro de Tecnoloxía de Aeronáutica (CTA) - responsábel pelo programa aeroespacial brasileiro, o Instituto Nacional de Pesquisas Espaciais - INPE, e outros. É a sétima cidade do Estado en poboación total. Ademais ten un moderno e diversificado comercio e servizos.

A cidade de São José dos Campos.

Segundo estudo das Nacións Unidas de 1999, San José dos Campos foi clasificada como unha das 25 mellores cidades de Brasil en canto a calidade de vida. Coa súa alta renda per cápita, gran expectativa de vida e infraestrutura de alto nivel, São José dos Campos é unha cidade segura que ofrece unha gran variedade de comercios e servizos.

Historia [editar]

O seu desenvolvimento comezou no século XIX coa construción do ferrocarril que ligou a cidade do Río de Xaneiro á cidade de Sao Paulo. Nesa época, instalaronse as primeiras industrias. Despois, na década de 1940, coa construción da Estrada Presidente Dutra, entre esas dous cidades (pasando tamén por São José dos Campos) e, na década de 1960, coa instalación do CTA e da Embraer, a cidade tomou un grande impulso.

A sé da Embraer - Empresa Brasileira de Aeronáutica - e súa primeira fábrica no Brasil sitúanse en São José dos Campos.

O grande poboamento e a pequena distancia da capital paulista atrairan máis empresas e máis xente para poboar a cidade. Hoxe, ademais da Presidente Dutra, hai tamén a Estrada Carvalho Pinto, ligandoa a Sao Paulo. A cidade ligase tamén directamente co litoral do estado (a cidade portuaria de Sao Sebastiao) pola Estrada dos Tamoios. A cidade posui tamén un bon sector hoteleiro e abriga universidades, o Instituto de Tecnoloxía Aeronáutica (ITA - a primeira faculdade de enxeñería aeronáutica do Brasil), moitas escolas públicas e particulares, centros de lecer e cultura e seis shopping centers de medio e grande porte.