Río Mente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Mente
Río Mente

O río Mente é un río do noroeste da Península Ibérica, cunha extensión total de 57 km. Nace en Galicia a 1.281 m de altitude, na Serra de Texeiras, xira en sentido norte-sur percorrendo 25 quilómetros en territorio galego e acada a fronteira na aldea da Veiga do Seixo, onde o seu curso se atopa a 560 m de altitude, recorre 33 km. en territorio portugués e termina verquido no río Rabazal, a 400 m de altitude. Ao seu paso pola aldea portuguesa de Sandim as súas augas teñen propiedades minerais e medicinais.

Cando alcanza A Veiga do Seixo, fai fronteira entre Galiza e Portugal durante algúns quilómetros. Morfoloxicamente é un río que escavou un profundo val encaixado, no que o desnivel entre o leito e a montaña pode sobrepasar os 400 m. As súas marxes son maioritariamente rochosas, con algunhas planicies de aluvión. As ribeiras son abruptas, cunha enorme biodiversidade. As súas características concedéronlle o dereito de pertenza ao Parque Natural de Montesinho en Portugal e á Rede Natura 2000.